O día 28 de abril celebrarase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA. O obxectivo é o de visibilizar e reivindicar a importancia da educación física no sistema educativo.
A idea é amosar unha xornada de educación física na casa. Para iso vos pedimos que nos enviedes unha foto ou un vídeo con algunha actividade das que vos colgamos no blog : https://rubendiz2.blogspot.com/
Así que xa sabes!!!, saca unha foto ou fai un vídeo con algunha das propostas que vos fixemos. Envíaa ao correo: proxectoxuvencos@gmail.com
Podedes participar alumnos/as, familias e mestres.
Con todo o material recibido realizaremos un vídeo de recordo do día e colgarémolo a través da páxina web e do twitter do cole.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
28 DE ABRIL DIA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA.pdf | 165.22 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |