O martes 6 de maio realizamos unha visita cultural á vila de Allariz para contemplar os museos da moda, do xoguete, o muiño do burato e a Hípica de Allariz.
O alumnado dividiuse en dous grupos e cada un deles foi acompañado por un guía que lles ía facendo as indicacións oportunas sobre as visitas realizadas.
Para xantar utilizamos as magníficas instalacións da piscina municipal á beira do río Arnoia.
Pola tarde visitamos o Camping e a Hipica de Allariz para dar uns pequenos paseos montados a cabalo.
Na galería de imaxes podedes observar as actividades realizadas ao longo do día.