Skip to Content

Actividades curso 2020.21

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebrouse o Día Das Bibliotecas escolares!

Para celebrar este día, ao longo deste semana, o alumnado poderá participar nnha actividade de lectura e escritura de outono e Samaín.

Ademáis, preparamos coa axuda de equipo de EDLG, un recuncho de lectura chamado "A Lareira do Camiño", un lugar para ir ler os libros que recomendamos. Agora mesmo temos expostos libros do outono. 

 

Dende a Asesoria de Bibliotecas escolares de Galicia, o lema deste ano é "sempre o teu carón". Deixámosvos o cartel en formato PDF.

 

 

Mambo COVID Ed. Infantil

Traballo en equipo en tempos de COVID en infantil, aínda que non poidamos estar xuntos si podemos compartir traballo!

 

ENKI MOSTEIRÓN

Deixámosvos un resumo do que foi a ENKI no noso cole.

Moitísimas grazas a todas as familias por colaborar!!

 

Resultamos gañadores en tres categorías da ENKI.

 

Entrevista da Radio Nacional de España no centro.

Radio Nacional de España entrevistou a varios mestres sobre o funcionamento do noso centro ante as novas medidas que tivemos que adoptar pola situación da Covid-19. Paga a pena escoitala para ter unha información clara e concisa sobre as novas normas.

 

 

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O AUDIO DA ENTREVISTA

Como entrar no Camiño de Mosteirón!

Benvid@s familias, nenos e nenas!

Presentamos a entrada ao cole coa situación COVID. A partir do xoves xa nos vemos e non nos faltan ganas!

 

Despedida dos peques de 5 aniños en infantil... Benvidos a Primaria

NORABOA GRADUAD@S!!

Inicio das clases

Segundo a información publicada o 31.08.2020 no Portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ás 19:02, o inicio da actividade lectiva será do seguinte xeito:

Xoves 10 de setembro: Alumnado de 4º e 5º Educación infantil, 1º, 2º e 3º Educación Primaria.

Venres 11 de setembro: Alumnado de 6º Ed. Infantil, 4º, 5º e 6º Educación Primaria.

Nos días previos ao inicio de curso enviarase ás familias o protocolo de adaptación á situación COVID e as normas do centro, derivadas das instrucións recibidas por parte da Consellería.

Distribuir contido


by Dr. Radut