Skip to Content

Actividades curso 2020.21

Entroido peregrino

Este ano o entroido, como ben sendo habitual, fixo alusión ao noso proxecto documetado Integrado: O Camiño de Mosteirón, por iso, vestímonos de peregrin@s para facer o camiño polas rúas de Mosteirón. Había tres camiños preparados por idades e, dependendo do que tocase, había que seguir unha indicación diferente. 

Á chegada repuxemos forzas con filloas e agua do camiño. 

Acompañounos o Servicio Municipal de Emerxencias de Sada. Colaboración Concello de Sada.

 

Comparsa 4º B

O alumnado de 4º Ed. Primaria B creou unha chirigota ben chula para este entroido.

 

Entroido camiñante!

Ánimo peregrin@s!!

@s mestr@s do cole sabemos que estamos pasando unha situación complicada, pero nunca debe faltar o ánimo e que nos sigamos coidando!

Aquí tedes un vídeo dedicado para todo Mosteirón!

 

Enquisa Patios Dinámicos. Precisamos a vosa axuda!

Estimadas familias, 

Necesitamos a vosa colaboración para levar a cabo o Proxecto "Patios Dinámicos", no que buscamos dar opcións de ocio a todo o alumnado do centro e xogar en prol da integración.

O que tedes que facer é animar ás vosas fillas e fillos a que cubran a seguinte enquisa e axudalos a respondela no caso de que sexa necesario.

ENQUISA PATIOS DINÁMICOS (Cliquear no enlace)

Moitas grazas por participar!

O Equipo  do GT "Patios Dinámicos"

Andaina do camiño

Video da primeira andaina fora do cole



 

Actividade día da paz

Estimadas familias,

Co gallo do Día da Paz o vindeiro día 30 de xaneiro o Equipo de Biblioteca está a preparar unha actividade para a súa conmemoración. Este curso realizaremos varias actividades arredor da lenda xaponesa das mil grúas de papel (grullas en castelán). No seguinte enlace podedes atopar información sobre a historia de Sadako, a súa protagonista: 

http://papelisimo.es/2014/04/la-tradicion-japones-de-las-1000-grullas-de-papel/

O CEIP O Mosteirón quere engalanar o centro con estas aves que simbolizan a paz. Por iso propoñemos que cada alumno traia da casa unha grúa feita de papel (de periódico, revista, folio,...) No enlace anterior aparece un vídeo explicativo de como facela. A participación é voluntaria. As grúas que se vaian traendo deixaranse nunha caixa que se facilitará en cada clase co obxectivo de non manipulalas durante varios días por causa da Covid. Poñemos como data límite de entrega o venres 22 de xaneiro.

Agardamos  que a actividade sexa do voso agrado e agradecemos de antemán a vosa participación.

O Equipo de Biblioteca do CEIP O Mosteirón.

 

Polo Nadal en LSE interpretada por Ed. Infantil

Xestións en período non lectivo

Para calquer xestión do centro en período non lectivo é precio solicitar cita ou ben por e mail ceip.mosteiron@edu.xunta.gal ou ben no teléfono 881880972.Este teléfono segue estando activo para comunicacións COVID.Grazas

Boas festas!!

O camiño de Mosteirón.

Este luns 21 e martes 22 de decembro faremos o "Camiño de Mosteirón" con todo o alumnado do centro. Consistirá nunha andaina pola contorna, fóra do recinto. Acompañaranos o Servizo de Emerxencias de Sada. Finalizaremos o último día lectivo do ano con chocolate con churros e badaladas virtuais. Agardamos que para o vindeiro curso poida participar, coma sempre, toda a comunidade educativa.

Agradecemento ao alumnado.

3 de decembro, Día Mundial da Discapacidade.

Para conmemorar esta data elaborouse un vídeo para traballar o concepto de diversidade e un conto con pictogramas: Crocodilo namorado.

 

 A biblioteca, pola súa banda, agasallounos con esta bonita exposición:

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Ola familias!

Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto. 

Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade. 

https://youtu.be/dLa19VLQhsk

Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!

Mosteirón tamén mira de fronte cara a violencia

25N O CAMIÑO AO RESPECTO

25N O Mosteirón Camiñando cara o Respecto

Mes da ciencia en galega nas bibliotecas

Ola familias!

Este mes de novembro é o mes da ciencia en galego polo que noso recuncho, A Lareira do camiño xa está chea de libros sobre as diversas ciencias. 

Deixámosvos un documento con ligazóns con ideas de diferentes experimentos que podedes facer na casa...só tedes que pinchar no cadro de texto para abrir!

Convidámosvos a mandar unha foto dos experimentos que facedes: bibliotecamosteiron@gmail.com

 

DÍA NON LECTIVO

Luns 9 de novembro, día non lectivo.

Canción de Samaín do alumnado de 1º e 6º Ed. Primaria

Interpretación da canción de Samain "Tumbas tumbas" das clases de 1º Ep e 6º Ep, realizada en música.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut