Inicio das clases
Segundo a información publicada o 31.08.2020 no Portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ás 19:02, o inicio da actividade lectiva será do seguinte xeito:
Xoves 10 de setembro: Alumnado de 4º e 5º Educación infantil, 1º, 2º e 3º Educación Primaria.
Venres 11 de setembro: Alumnado de 6º Ed. Infantil, 4º, 5º e 6º Educación Primaria.
Nos días previos ao inicio de curso enviarase ás familias o protocolo de adaptación á situación COVID e as normas do centro, derivadas das instrucións recibidas por parte da Consellería.