Curso 2007/08

A ARMA SERÁ A PALABRA


A arma será a palabra


Escóitame, amigo Breixo


O que che, vou preguntar


Por que o trinta de Xaneiro


A Paz hai que lembrar?


Eu non é que o saiba ben


Meu amiguiño querido


Pero vouche dicir


O que sempre teño oído.


Din que polos pobos do mundo


A diario hai moitas guerras


E ... algo temos que facer


Para poder detelas.


Os gobernantes do mundo


Parece que non son capaces


De que os distintos pobos


Entre si fagan as paces.


Por iso di que acordaron


Neste día a todos lembrar


Que acadala Paz debe ser


Obxectivo primordial.


Nós como somos nenos


Aos que non lles gusta pelexar


Apostamos por outras  armas


Para deixar de lear.


As nosas armas serán as palabras


Para o mundo convencer


Que o diálogo entre a xente


As guerras ten que vencer.


Tamén a palabra será


A arma que os nenos usemos


Cando teñamos conflitos


Para ver como os resolvemos.


M.C. Iglesias 3º B

CERTAME DE POESÍAS DE NADAL 2008

CERTAME  DE POESÍAS DE NADAL 

O alumno Víctor Díaz, de 3º  A gañou o primeiro premio,  categoría A (ata 8 anos), na fase local do no certame  de poesías de Nadal convocado pola Bilioteca  de Monforte de Lemos

Neste día de Nadal
á neve bótalle sal.
Come turrón
para que papá Noel
non traia carbón.
Ten moitos regalos
pero ¡que non sexan xeados!
Deixa un calcetín
e terás un trampolín
Papá Noel
trae mel
O abeto ten un bosquexo


Victor Díaz Díaz 3º A

FESTIVAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

17 DE XUÑO DE 2008, 10:15 h. 

 

Nenos e nenas de 3 anos:

"Los pajaritos". (Baile)

"Mi cara". (Poesía)

Nenos e nenas de 4 e 5 anos:

"Chiki chiki" (Baile)

Nenos e nenas de 5 anos:

"Noisy toys song". (Canción)

"Weather song". (Canción)

Nenos e nenas de 4 anos:

 "Yenka" (Baile)

Nenos e nenas de 3 anos:

"One, two,three". (Canción)

"Put your hand up". (Canción)

Nenas de 4 e 5 anos:

" Chi ki cha " (Baile)

Nenos e nenas de 4 anos:

"Toys song". (Canción)

"Body song". (Canción)

Nenos e nenas de 5 anos:

"O gorila" (Baile)

Todos os nenos e nenas de E.I.:

"O lobo e os porquiños" (Canción)

 

Entrega de diplomas e orlas aos nenos e nenas de Educación Infantil.

   

AGRADECEMENTO AOS ASISTENTES Á ESCOLA DE NAIS E PAIS DO COLECIO NOVO.

Fixestes desta actividade unha experiencia nova e enriquecedora para min como orientador novato (ou como dicides vós: "orienyogurín", je,je...)

Conforme que a algún dos asistentes vos servira tamén de algo, cando menos de diversión e intercambio de experiencias.

Formades un grupo excepcional. É probable que eu non esté aquí o ano que vén, pero agardo que o centro poida seguir contando coa vosa colaboración.

Unha aperta.

Miguel.

 

FESTA DE CLAUSURA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS.

O vindeiro luns 26 de maio teremos a derradeira sesión da Escola de Nais e Pais. Será unha sesión especial, con cafeciño e merenda por cortesía dos asistentes habituais ás sesións. Estades todos invitados. Será como sempre de 15:45 a 17:00 h.


Mil grazas
por todo outra vez. Esta actividade no sería viable se non asistísedes entre 15 e 25 persoas a cada sesión. Agardamos que fose do vosa agrado.

Un saúdo.

Programa das xornadas

 

 

PROGRAMA Xornadas de nutrición

 Ø      XOVES, 15 DE MAIO, ÁS 17:00 h.

o       Charla- coloquio  impartida por don José Antonio López Gómez  (dietista e nutricionista) e dona  Isabel Díaz Rodríguez  (profesora do centro licenciada en  psicóloxía).

 Ø       XOVES, 22 DE MAIO, ÁS 17:00 h.

o       Charla- coloquio  sobre a transcendencia da lactancia materna, impartida por  dona Cristina Arnaiz ( membro da asociación “Bico de leite”e  nai de alumnos/as do colexio).

 Ø      XOVES, 29 DE MAIO, ÁS 17:00 h.

o       Sesión práctica, sobre como facer apetecibles os pratos a partires da presentación  dos mesmos, impartida por don Martín Mantilla (cociñeiro  do restaurante O Grelo).

 

Ø       XOVES, 5 DE XUÑO, ÁS 17::00 h.

o       Sesión informativa sobre o funcionamento  do comedor, relacionado coa alimentación, impartida por persoal responsable do comedor.

 Ø      XOVES,12 DE XUÑO, ÁS 17:00 h.

o        Sesión práctico- deportiva,  impartida  por profesorado de E. Física do centro.                                                                               

 

XIX CARREIRA POPULAR DA fERREIRÚA

XIX CARREIRA POPULAR

VII MEDIO MARATÓN

FERREIRÚA

A POBRA DO BROLLÓN    (LUGO)

11 de maio de 2008

 

O prazo de inscrición remata este xoves

MARATÓN DO ESTUDIANTE- 2008

MARATÓN DO ESTUDIANTE- ABRIL 2008

Noraboa a tódolos participantes pola súa boa actuación. En breve, "colgaremos" os resultados da carreira.

De momento, se queredes ollar fotos ou ver un vídeo da mesma:  http://www.jrcasan.com/2008/MARATON/maratonestudiante.htm

VISITA AO PLANETARIO DO "IES A PINGUELA"

Visita ao planetario do IES  A Pinguela

 

Os alumnos/as de 4º de Primria visitaron o Planetario do IES "A Pinguela".

Se queres ollar as fotos ou ver o vídeo da visita: http://www.jrcasan.com/Pinguela/2008/colexionovo/index.htm

Finalistas e gañadores do Concurso de Debuxo Medieval

Finalistas e gañadores do Concurso de Debuxo Medieval

Entrega de premios, venres, 14 de marzo, ás 18 h. en Expolemos

1º CURSO 
Carmen López Díaz
María Préstamo Armesto
Adrián Pérez Reyes
Celia Pérez Taboada
Alex Parada Préstamo 

2º CURSO 
Sara Lamas Vila
Olalla López
Aida Rodríguez Rodríguez
Sara Willmott Pérez
Lucas López López 

3º CURSO 
Cristina Álvarez Vázquez
María Fernanda Aguilera Manucci PREMIO DE 3º CURSO
Carlos Diéguez Fernández
Sabela Fernández Fernández
Uxía García Robledo 

4º CURSO 
Henar González Rodríguez
Adrián Cortiñas González
María Mercedes da Rocha
Ana Gómez Suárez
Rodrigo Huanay de Dios 

5º CURSO
Breixo Cerviño Quiroga
Samuel Buján Sánchez
Paula Castro Garrote
Manuel Carreira Calvo
Hugo Morales Martínez
Xoán Aceiro Casal PREMIO DE 5º CURSO 

6º CURSO 
Miguel Vila Soba
Fuda Sun Zhang
Ramón Trigo Prieto
Yanira Vázquez Expósito

 

Distribuir contido