A ARMA SERÁ A PALABRA


A arma será a palabra


Escóitame, amigo Breixo


O que che, vou preguntar


Por que o trinta de Xaneiro


A Paz hai que lembrar?


Eu non é que o saiba ben


Meu amiguiño querido


Pero vouche dicir


O que sempre teño oído.


Din que polos pobos do mundo


A diario hai moitas guerras


E ... algo temos que facer


Para poder detelas.


Os gobernantes do mundo


Parece que non son capaces


De que os distintos pobos


Entre si fagan as paces.


Por iso di que acordaron


Neste día a todos lembrar


Que acadala Paz debe ser


Obxectivo primordial.


Nós como somos nenos


Aos que non lles gusta pelexar


Apostamos por outras  armas


Para deixar de lear.


As nosas armas serán as palabras


Para o mundo convencer


Que o diálogo entre a xente


As guerras ten que vencer.


Tamén a palabra será


A arma que os nenos usemos


Cando teñamos conflitos


Para ver como os resolvemos.


M.C. Iglesias 3º B