Curso 2007/08

"HAPPY FLOWERS"

"HAPPY FLOWERS"

 

Os alumnos/as de  6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 2º de Educación Primaria dramatizarán, en inglés, o conto "Happy flowers".

O xoves, día 13 de marzo, ás 16 h., no salón multiusos do centro,  haberá unha primeira representación á que están convidados tódolos/as pais,  nais e demais familiares que desexen.

O venres, día 14, repetirase a actuación para os alumnos/as do Centro, no mesmo lugar e no mesmo horario.

Dita actividade encádrase dentro do Proxecto PALE e Seccións Bilingües.

O Proxecto PALE refírese á anticipación da lingua estranxeira en E. Infantil e as Seccións Bilingües  teñen como obxectivo  mellorar a competencia lingüística , dos alumnos/as que participan nelas, en inglés e galego. Estase a impartir a área de Plástica.

REMOLDIÑO VAI Á FEIRA

"REMOLDIÑO VAI Á FEIRA"

O venres, 29 de febreiro, os alumnos/as de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo de Educación Primaria asistiron á obra de teatro "Remoldiño vai á feira", subvencionada polo Grupo Anaya.

Gústame ler contigo

Como sabedes, dende principio de curso e cada 15 días, os alumnos e alumnas de 2º de Primaria, as súas titoras e os Pais/nais destes están desenvolvendo unha fermosa actividade de Animación á lectura

Ata agora, os participantes foron os seguintes:

Xan e Cristina leron "Xaime e as landras".

Olalla e Flora: " Un agasallo diferente".

Carlos e Montse: "A que sabe a Lúa? "

Vicente e Ángeles: "A casa da mosca chosca".

Dani Piñeiro e Elena: "Os catro amigos".

Aarón e María: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

Sandra S. e o seu irmán, Carlos: " Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

Eva e Carmen: "Coelliño branco bota de menos á súa mamá".

Sandra e Rosario: "Sabeliña e o xigante".

Antía e Eulalia: "Como está o galiñeiro".

Lucía e Susana: "O calcetín amarelo".

Alberto e Fina: "O caracol Remoldiño".

Sara Moya e Pili: "Rabolaranxa"

Juan e Nerea: "A tea de araña que todo o apaña".

Emilio e Rosa: "Unha de lobos".

Ana Bouza e Merce: ""O elefante que non era elefante".

Manuel e Emilia: "O galo Pinto"

Sara Lamas e Elena: "Gago por merenda"

Lucas, Carla e Germán: "Avós".

 

Agradecemos a tódalas nais e ao valiente papá a súa colaboración. Algúns ex-alumnos tamén están a participar activamente na actividade.

 

 

 Ver fotos

Fotos das actividades

 

Lembrade que das distintas actividades que se levan a cabo no centro podedes ver fotografías picando neste enlace que vos leva á Galería de Imaxes do centro

 

A AUTOESTIMA

lunes 21 de enero de 2008 

O luns día 14 falamos sobre a autoestima. Batimos o record de asistencia. Xuntámonos un total de 23 persoas. Moitas grazas unha vez máis pola vosa participación.

Algunhas das recomendacións que se deron nesta sesión foron:

1. Eloxiar e non ridiculizar

2. Descubrir as súas cualidades

3. Valorar as súas opinións

4. Non sobreprotexer

5. Darlle responsabilidades

6. Axudarlle a poñerse metas realistas

7. Reforzar actitudes positivas


E lembrade que o vindeiro luns 28 de xaneiro temos cafeciño e merenda pra celebra-lo
entroido que xa está cerquiña...

FALAMOS DO CONSUMISMO INFANTIL E DESPOIS CONSUMIMOS NÓS TAMÉN

Nesta segunda sesión houbo máis asistentes ca na primeira. Agradécese, aínda xa sei que era máis que nada pola "festa gastronómica" organizada polas nais, je,je...

Pois iso, nesta 2ª sesión continuamos co debate sobre a agresividade e o acoso, e logo tras unha breve exposición pola miña parte sobre o consumismo infantil iniciamos tamén un breve coloquio sobre o tema. E digo breve porque chegaba a hora do cafeciño... (do cafeciño, das pastas, das deliciosas tartas e do licor de moreira... hummmmm).

Ademáis acordamos que a seguinte sesión sexa o luns 14 de xaneiro ás 15:40, na que falaremos da autoestima dos rapaces (que é , como elevala...).

Agardo unha vez máis a vosa asistencia e participación.

Un saúdo e bo Nadal.

Comunicación

 

A comunicación entre pais e fillos é un dos temas que máis vos interesa, segundo se desprende das preferencias manifestadas no cuestionario inicial.

A viñeta que se acompaña é bastante ilustrativa. (Facede clic sobre a imaxe para ampliala).
Comentarémola cando tratemos este interesante tema.

Visita á estación e ao museo do ferrocarril

O pasado día 20 de novembro os alumnos de educación infantil fixeron unha visita ás instalacións da estación do tren e despois foron ao museo do ferrocarril onde coñeceron distintas pezas de material ferroviario recuperado.

Ver fotos

Distribuir contido