Curso 2008/09

VALENTINA

 

VALENTINA

Chegou unha bolboreta

voando dende Arxentina,

posouse no noso cole,

é a nosa Valentina.

Gústalle ler libros

inventa moitas poesías,

experta en manualidades

ela é toda unha artista.

O seu lugar favorito:

a biblioteca

a sua frase preferida:

hoxe teño unha sorpresa”.

A misión da bolboreta:

sempre voar e voar,

e ,a nosa Valentina,

para Barcelona se vai.

Que faremos nós agora

sen esa alumna xenial? ...

No seu "pupitre" haberá

uhna planta marabillosa

por si un día soleado

a bolboreta retorna.

5-B

Os pitiños de primeiro

 

 Os pitiños de primeiro

Despois de moito traballar, os pitiños e as galiñas cos nosos peteiros, as nosas cristas, as nosas plumas ...estabamos así de xeitosos!

Se queredes ver o resto de fotos, ide á galería de imaxes.

CONCERTO DIDÁCTICO EN INGLÉS

CONCERTO DIDÁCTICO

As/os alumnas/os de sexto de Educación Primaria viaxaron o pasado mércores, día 11 a Ourense, co gallo de mellorar a súa fala en inglés. O concerto subvencionado pola Editorial Oxford foi traballado previamente pola  profesora de inglés e polo profesor de música, do Centro .

Dita actividade resultou moi satisfactoria: o concerto estivo xenial, o dinamizador Dani Griffin unha marabilla e a participación do alumnado no mesmo, todo un éxito. Sabían todas as cancións e respostaron a todas as preguntas que se lles fixeron.

Se queredes ver as fotos.... clicade sobre o enlace. Colgaremos un vídeo de dita actividade, se damos faito¡¡.

POESÍA DE NADAL: "TI BEN VES, TI BEN O SABES"

TI BEN VES, TI BEN O SABES

Pido disculpas a Sabela, porque esta poesía debería "colgala" ela , pero como teño moitas ganas de que os blogs comecen a funcionar ... pois estoume permitindo a licenza de ir introducindo traballos de estes marabillosos alumnos  para animalos a que contribúan e participen deste novo medio de comunicación e información. Lela con calma porque é moi, moi fermosa.

Quixera ter as máis fermosas palabras                   

posuír os termos máis delicados

para dirixirme a ti, meu neno,

coas verbas máis axeitadas,

 

mais como teño bastante ousadía

púxenme tranquila a escribir

pensado con certa inquietude

todo o que che quería dicir.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

todo o que no mundo acontece

eu ben sei que estás sufrindo

pois o ben ante o mal perece.

 

De seguido ocorren desgrazas,

de fame morren vellos e nenos,

as guerras, a violencia,a xustiza

rompen as ilusións dos pequenos.

 

Tamén terremotos, volcáns,

furacáns e fortes ciclóns

acaban coa vida de moita xente

e destrúen as súas posesións.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

todo o que deberiamos facer

para evitar que isto suceda

para non deixar o mundo perder.

 

Aproveitando que é Nadal

pidamos de todo corazón

que os bos desexos se  nos cumpran

e que o celebremos con ilusión.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

que debemos ser solidarios

axudarnos uns aos outros

pois todos somos necesarios.

 

Para celebrar o teu nacemento

de xeonllos ante o teu portal

rógoche todopoderoso Xesusiño

que reine a paz este Nadal,

 

que no mundo enteiro

a xente teña no seu corazón

unha razón, un bo motivo

para celebrar estas datas con emoción.

 

VISITA AO "IES A PINGUELA"

VISITA AO IES A PINGUELA

Oa alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria visitaron o IES A Pinguela co gallo de reforzar os contidos traballados na área de Coñecemento do Medio, relacionados co noso Sistema Solar.

Xa que estaban alí, aproveitaron para coñecer a súa estación meteorolóxica e o Xardín botánico.

Nenos e nenas voltaron moi contentos ao cole porque despois de tanta aprendizaxe pasaron momentos de ledicia na perruquería do IES, xa que alumnas e alumnos do ciclo de perruquería e estética puxeron a todos e todas moi, moi guapos.

E para que vexades que aprenderon moito, na entrada do colexio hai unha exposición dos traballos feitos en relación so Sistema Solar.

Animámosvos  a que a visitedes e a que vexades a galería de fotos correspondente á visita.

AS NOSAS FRASES DA PAZ

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

3 anos- "Todos queremos a PAZ".

4 anos- "PAZ, amor e vida".

5 anos- "La PAZ empieza con una sonrisa".

EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

1º A- "Nós somos a PAZ".

1º B- "A PAZ é fermosa".

2º A- "Queremos todos a PAZ".

2º B- "Sempre queremos PAZ". 

3º A- "Que haxa PAZ no mundo ".

3º B- " A PAZ será a nosa meta".

4º A- "O noso ideal: a PAZ".

4º B- "A PAZ está no nosocorazón"

5º A- "A PAZ non é galega, é mundial".

5º B- " PAZ, amor e nenos sen rencor".

6º A- "Sempre compañeiros e compañeiras".

6º B- "A PAZ é cousa de todos".

30 de xaneiro de 2009- DÍA DA PAZ

 

Construíndo a paz desde a escola

WEBQUEST: CONSTRUÍNDO A PAZ DESDE A ESCOLA

Se queres aprender moito  sobre  a PAZ: SÍMBOLOS, FRASES, PERSOAS, MÚSICA, ... relacionados  con ela clica sobre o enlace.

enlace á webquest 

Teatro en Educación Infantil

O REI  "CHIMPIN"

As alumnas e alumnos de Educación Infantil disfrutaron dunha sesión de títeres, na que un pequeno grupo de avoas e avós, pertencentes ao Grupo Interxenaracional da Obra Social de Caixa Galicia, representaron para todos eles a obra "O rei Chimpín". .

Enlace á galería de fotos 

 Enlace a La Voz de Galicia

 

PROXECTO VOZ NATURA CURSO 2008-2009

Enlace ao proxecto

Enlace á galería de fotos

Enlace a La Voz de Galicia

Que é a natureza?

Que é a natureza?
Preguntei ao profesor
É o que nos arrodea
É o noso corazón. 
Se o noso corazón é
Entón debemola coidar?
Claro que si-meu rapaz.
Por ahí hai que comenzar. 
E..., que podo facer eu
Para meu contorno coidar?
Moitas cousas moi sinxelas
Como amala de verdá. 
Cando vaias pola rúa,
Pola beirarrúa camiñarás
Respectando aos xardíns
Que oxíxeno nos dan. 
Se unha lambetada comes
Un papel che sobrará,
Botalo na papeleira
É algo fundamental. 
No cole, que a túa casa é
Sempre debes respetar
As árbores as plantas
Que bonito o fan estar. 
Nunca pises as floriñas
Que no chan atoparás
Moitas delas son tesouros
Que debes sempre coidar.
 Non cortes as ramiñas
Pois as plantas chorarán
Como choran os meniños
Aos que pegan seus pais. 
Se estas cousa tes presentes
No teu diario facer,
Coidarás a naturaza
Tesouro do teu saber. 

 

    Mª Carmen Iglesias- Titora 3ºB

Distribuir contido