POESÍA DE NADAL: "TI BEN VES, TI BEN O SABES"

TI BEN VES, TI BEN O SABES

Pido disculpas a Sabela, porque esta poesía debería "colgala" ela , pero como teño moitas ganas de que os blogs comecen a funcionar ... pois estoume permitindo a licenza de ir introducindo traballos de estes marabillosos alumnos  para animalos a que contribúan e participen deste novo medio de comunicación e información. Lela con calma porque é moi, moi fermosa.

Quixera ter as máis fermosas palabras                   

posuír os termos máis delicados

para dirixirme a ti, meu neno,

coas verbas máis axeitadas,

 

mais como teño bastante ousadía

púxenme tranquila a escribir

pensado con certa inquietude

todo o que che quería dicir.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

todo o que no mundo acontece

eu ben sei que estás sufrindo

pois o ben ante o mal perece.

 

De seguido ocorren desgrazas,

de fame morren vellos e nenos,

as guerras, a violencia,a xustiza

rompen as ilusións dos pequenos.

 

Tamén terremotos, volcáns,

furacáns e fortes ciclóns

acaban coa vida de moita xente

e destrúen as súas posesións.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

todo o que deberiamos facer

para evitar que isto suceda

para non deixar o mundo perder.

 

Aproveitando que é Nadal

pidamos de todo corazón

que os bos desexos se  nos cumpran

e que o celebremos con ilusión.

 

Ti ben ves, ti ben o sabes

que debemos ser solidarios

axudarnos uns aos outros

pois todos somos necesarios.

 

Para celebrar o teu nacemento

de xeonllos ante o teu portal

rógoche todopoderoso Xesusiño

que reine a paz este Nadal,

 

que no mundo enteiro

a xente teña no seu corazón

unha razón, un bo motivo

para celebrar estas datas con emoción.