Skip to Content

Novas

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS

PARA O CONSELLO ESCOLAR

 

Na convocatoria de eleccións deste ano toca escoller a 3 representantes das familias.
O censo electoral (persoas que poden elixir e ser elixidas) está publicado na entrada do centro (mesa de sinaturas). O prazo de reclamacións remata o día 17 de novembro ás 14:30 horas.
As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura ata as 14:30 horas do día 18 de novembro.
                       O sorteo das catro nais, pais ou titores/as legais que formarán parte da mesa electoral farase                                o día 21 de novembro ás 16:00 horas.

As votacións serán na biblioteca do centro o martes día 29 de novembro de 9:00 a 10:00 e de 15:15 a 17:30 horas e posteriormente farase o escrutinio. O voto será directo, secreto e non delegable nin por correo. Deberá acreditarse a identidade mediante o DNI ou documento similar.

ALMORZOS SOLIDARIOS

ALMORZOS SOLIARIOS

SOS TOMIÑO - BAIXO MIÑO

O días 14, 15 e 16 de novembro farase a recollida de leite e cacao. As aportacións solidarias deixaranse na entrada do centro.

MATERIAL ESCOLAR 23-24

 

Clicando en cada unha das mochilas poderedes acceder aos materiais necesarios para cada un dos cursos:

     

 

 

INFORMACIÓN IES PRIMEIRO DE MARZO

ADMISIÓN ALUMNADO IES PRIMEIRO DE MARZO

Están xa publicados no taboleiro da secretaría do IES Primeiro de Marzo a relación de admitidos/as que acceden á ESO neste centro adscrito para o curso 2022/2023. O calendario de matrícula para o alumnado de 6º de educación primaria que se matricule neste centro informarase a finais de xuño.

Máis información na páxina web do centro IES Primeiro de Marzo: (Clica na imaxe para acceder a ela)

SELFIE 2021-2022

SELFIE- 2021- 2022. Tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe.

O CEIP Mestre Manuel García participou  en SELFIE. Responsables educativos, profesores e estudantes comentaron o uso das tecnoloxías dixitais para mellorar as prácticas docentes e a aprendizaxe.

Alumnos, profesores e responsables educativos deste centro participaron en SELFIE. A ferramenta SELFIE ten como obxectivo fomentar a reflexión persoal en relación ao uso das tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. SELFIE foi desenvolvido pola Comisión Europea cun equipo internacional de expertos.

PRIMEIRA REUNIÓN DE DELEGADOS/AS 21-22

Este martes levouse a cabo a primeira xuntanza de delegados/as do curso con catro puntos do día:

1. Presentación da reunión e benvida.

2. Funcións dos delegados/as de clase.

3. Decoración de Nadal.

4. Rogos e preguntas.

Distribuir contido


by Dr. Radut