Skip to Content

EDLG

MOSTRA DE ARTESANÍA

Co gaio da conmemoración da Semana Europea da Artesanía, artesáns da contorna fixéronnos unha visita para amosarnos a arte do seus oficios e a importante labor de conservación das tradicións culturais propias do noso pobo. Un verdadeiro privilexio contar con eles e elas no noso centro. Esperámosvos en vindeiras edicións!

Clica no álbum para ver imaxes da actividade:

Álbum: CURSO 21-22 -> OBRADOIRO ARTESANÍA

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Gracias ao concurso "Tíralle da lingua", de relato oral en galego e organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega hoxe puidemos gozar na compaña de Paula Carballeira.

Gracias a Teo, Alexandre, Juan e Pedro por inventar e contar historias cheas de fantasía e orixinalidade. 

Gracias a Paula Carballeira por ensinarnos valores mediante os contos en galego e dar visibilidade a importancia da tradición oral. 

 Así de ben o pasamos...

ORDES DA MECA

A nosa Meca Bibli xa deu as súas ordes para toda a semana. 

O luns comezaremos vestindo de mochileiros, para emprender a nosa viaxe polo mundo.

O martes porémonos na pel de conductoras e conductores de calquer medio de transporte. Recordade que poden ser terrestres, aéreos ou acuáticos.

O mércores coñeceremos moitas bandeiras do mundo e poderemos empregalas para vestirnos con elas, como complemento... 

O xoves poderemos vir de calquer personaxe que nos guste. Pode ser da vida real (Einstein, Rosalía de Castro...), ou do mundo da fantasía (Harry Potter, Mickey Mouse) Pode estar vivo ou non. 

O venres disfrazaremonos de animal para poñerlle ao Entroido un gran final.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut