Skip to Content

boulder

O ALUMNADO DE BOULDER VOS DESEXA BO NADAL!!!!

A piques de marchar de vacacións, as nenas e o neno de boulder queren felicitarvos O Nadal. Despois dun trimestre intenso no que aprenderon moitas técnicas e exercicios para escalar, agora están a sacar os novos bloques do noso rocódromo. Nestes novos problemas de boulder hai bastantes dificultades que requiren de utilizar ben os músculos para poder resolvelos. E sobre todo hai que usar o músculo máis importante para escalar ben...sabedes cal é? Acertastes: o cerebro. 

Esperamos que pasedes unhas boas festas e que o novo ano veña cargadiño de ilusión e novas escaladas. Apertas a todxs!!!!

CARNET SPIDER

Empezamos o novo ano cun reto para os recreos de boulder: o carnet de spider. Para conseguilo terás que  acudir aos adestramentos de boulder polo menos 5 veces e a recompensa estará asegurada. Anímate a participar!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Carnet spider

SI CHOVE QUE CHOVA

Agora que empezan as chuvias é o momento de acudir ao ximnasio e aproveitar o boulder. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria vai nos recreos e parte da hora de ler. Costa gabear polo panel pero eso é o que nos motiva. VAMOOOOOSSSSS!!!

CAMPUS OIENSE BOULDER

Chegaron as vacacións é comenza o campus multideportivo organizado polo club oiense, E unha vez máis o boulder do ximnasio estivo presente neste campamento deportivo. Dende os máis pequenos ata xs antigxs alumnxs animáronse a practicar esta nova modalidade deportiva. A disfrutar do verán!!!

2ª TEMPORADA de BOULDER en OIA

Xa pasou un ano da instalación do boulder no ximnasio. Despois de facer a revisión e algunhas reparacións comezamos a 2ª temporada de BOULDER en OIA.

En Educación Física traballaremos nel tódalas semanas para mellorar as nosas habilidades de escalada. Ademáis siguen as clases extraescolares de BOULDER onde co noso técnico Hugo aprenderás divertíndote no muro do ximnasio e a maiores o alumnado de 4ª, 5ª e 6ª pode acudir a facer xogos de escalada durante os recreos.

Por suposto ao final de trimestre teremos o CAMPIONATO DO MUNDO DE BOULDER EN OIA, prepárate e anímate a participar.

QUE SORTE PODER CONTAR CUNHA INSTALACIÓN TAN INTERESANTE

Distribuir contido


by Dr. Radut