De seguro que estades cansos e cansas de ver tráilers de filmes antes de ir ao cine.
Pero... sabíades que tamén hai tráilers de libros?!
SI, SI! TRÁILERS DE LIBROS!!
Neste apartado da páxina web do cole imos ir poñendo algúns que vos poden interesar.
Os que están máis dirixidos a Educación Infantil, estarán escritos de cor verde.
Os de Primaria, en azul.
Imaxinades que todos nos puxéramos mans á obra e creáramos os nosos booktráilers para presentar un libro?! Sería XENIAAAAL! Animádevos!!
3, 2, 1... ACCIÓN!