Skip to Content

ANPA

CONCURSO DE ENTROIDO DA ANPA

Clica na imaxe e descrubre como podes participar neste fantástico concurso.

Agasallos moi interesantes están a agardar por ti!

CONVOCATORIA REUNIÓN 23 DE NOVEMBRO

CONVOCATORIA REUNIÓN 23 DE NOVEMBRO

 

Estimad@s soci@s da Anpa, futuros soci@s e familias en xeral:

Dende a ANPA Beiramar Oia, estamos encantad@s de convidarvos a tod@s a que asistades a vindeira asamblea que terá lugar o martes 23 de Novembro as 16.30h no patio cuberto do colexio. Será a ocasión para nós, membros da ANPA, de presentarnos oficialmente, e para vós, familias, de informarvos dos nosos obxectivos, de facer preguntas e suxerencias...o que queirades aportar ou se aínda non formades parte, quizáis de convencervos. Queremos que sexa un momento de encontros e alianza para os nosos fillos e fillas Sorriso

¡¡Animádevos a asistir!! 

Gran reunión familiar vector gratuito

Os puntos da reunión serán os seguintes:

1. Presentación

2. Cursos/charlas

3. Beneficios dos socios

4. Seguro escolar

5. Dúbidas, rogos e preguntas

Atentamente,

ANPA BEIRAMAR DE OIA

 

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021_2022

2ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquelas familias que queiran anotarse nalgunha das actividades extraescolares anteriormente sinaladas nesta segunda oportunidade deberán deixar un comentario nesta publicación.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE CELIAQUÍA

CHARLA INFORMATIVA SOBRE CELIAQUÍA

O vindeiro martes 28 de setembro, ás 16:00 no patio do centro, realizarase unha charla informativa sobre celiaquía a cargo da asociación ACEGA (Asociación de Celiaquía Galega).

Destinatarios da charla:

  • Responsables do comedor do centro.
  • Colaboradoras do comedor escolar.
  • Profesorado interesado.
  • Familias.

Aquelas familias que desexen asistir á charla deben indicalo poñendo nome e apelidos no apartado de comentarios desta publicación co fin de controlar o aforo.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 21_22

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 21_22

Está é a proposta de actividades extraescolares ofertada para o presente curso. As distintas actividades organizaranse en función da demanda realizada a través deste formulario que foi entregado ao alumnado e debe ser cuberto e devolto ata o

venres 24 de setembro.

 

A maiores destas actividades, e á marxe do centro, seguiranse desenvolvendo actividades do clube de tenis e de fútbol de xeito similar ós outros anos.

FESTA FIN DE CURSO 2015 - 2016 ORGANIZADA POLA ANPA

 

           
 

 

"FESTA DA AUGA" ORGANIZADA POLA ANPA DO COLE

 

 
    

 

Un día estupendo onde disfrutaron  todas as familias 

 

           

 

           

 

 

   
   

Distribuir contido


by Dr. Radut