Skip to Content

Música

O FÍO VERMELLO

O FÍO VERMELLO.
 
Poema de Rosalía de Castro instrumentado, cantado e interpretado polas nenas e nenos de segundo de primaria. 
 
NORABOA POR ESTE TRABALLAZO TAN CRETIVO, ORIXINAL E ÚNICO.
 
 

CONCURSO A NOSA ROSALÍA

TERCER POSTO NO CONCURSO DE "A NOSA ROSALÍA"

O alumnado de segundo e a súa mestra hoxe están de celebración. Nada máis e nada menos que terceiros de toda a provincia de Pontevedra, polo que participaron moreas de centros, cativas e cativos.

Un concurso cheo de amor pola nosa Rosalía, Rosalía de Castro, repleto de arte, de música, de reivindicación do papel da muller na sociedade e sobre todo un concurso cheo de devoción pola nosa lingua: o galego. Ademais todo o acto foi signado para que a mensaxe da nosa Rosalía non teña fronteiras nin barreiras de ningunha índole. 

NORABOA por este recoñecemento tan grande a todas as cativas e cativos de segundo que co seu esforzo, entrega, ilusión e creatividade lograron alcanzar o terceiro posto dun podio repleto de artistas. 

A continuación podedes ver o acto da entrega de premios que se celebrou hoxe 23 de febreiro na Deputación de Pontevedra.

 

NORABOA OUTRA VEZ PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!!

Recordade:

Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro.

 

 

A continuación queda o link a noticia da Deputación de Pontevedra.

https://www.depo.gal/es/-/noticia-a-deputacion-celebra-a-rosalia

ECOPERCUSSION

SANTA CECILIA

Para conmemorar o Día de Santa Cecilia, fixemos unha calse de música algo diferente. Dende a área de música contribuimos co proxecto voz natura, queredes saber como?

Percusión con elementos de refugallo!!

Que ben soan!! Pasámolo xenial aprendendo ritmos, tocando en grupo e dando concertos a outros compis do cole.

Jingle Bells

NADAL MUSICAL 
 
O alumnado de quinto quere desexarvos un feliz Nadal e os seus mellores desexos para o vindeiro 2022.
Aprendimos a tocar o piano en clase de música. Alucinante!!
Mirade que ben o facemos. 
 

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

PRIMAVERARTE

PRIMAVERARTE!!!!

Un proxecto para explorar cos cinco sentidos.

Co oído investigamos e fomamos tesoreiros dos sons da natureza, para despois escoitar e ilustrar obras musicais como:

A PRIMAVERA de Vivaldi, O AMENCER de GRIEG ou o VALS DAS BOLBORETAS.

Co olfacto e o tacto descubrimos, clasificamos, exploramos e investigamos as plantas, as flores, e mesmo as súas partes facendo pequenas e xustificadas desfeitas en partes das mesmas. 

Coa vista, creando e organizando grandes paneis de porexpán para crear un fermoso cadro sobre a primavera. Organización visoespacial, imaxinación, creatividade, comunicación, cooperación...

DISFRUTADE DA EXPERIENCIA PRIMAVERARTE!!!!!!

O SON DO CAMIÑO

O SON DO CAMIÑO

As nenas e nenos de primeiro fixemos unha muñeira na que mediante o canto vos contamos moitas cousas sobre o Camiño de Santiago.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

MARIA PITA

MARIA PITA

Aos alumnos e alumnas de primeiro comprácenos presentarvos a nosa primeira obra musical. Unha cantiga que nos encanta, nos alegra e da cal aprendemos un montón.

Unha cantiga transformada en obra teatral e baile mediante a cal descubrimos a Maria Pita dunha forma moi divertida.

Día Internacional da Muller ~ GRANDES MULLERES DO MUNDO DA MÚSICA

Dende a materia de Educación Musical, queremos afondar nas grandes mulleres da historia dentro do ámbito musical. 

Algunhas mulleres como Édith Piaf, Ella Fitzgerald, Rosetta Tharpe, Delia Derbyshire, Aretha Franklin, Tina Turner, Janis Joplin, Patti Smith, Joni Mitchell, Madonna, Björk,  Cher, Anne Wilson, Annie Lennox, Joan Jett, Suzi Quatro, PJ Harvey, M.I.A, Carole King, Liz Phair, Janet Jackson, Linda Ronstadt, Cindy Lauper, Whitney Houston, Christina Aguilera, Pink, Sia, Britney Spears, Adele, Amy Winehouse, Rihanna, Taylor Swift, Lana del Rey, Lady Gaga, o Gwen Stefani. Todas elas e todas as que están por vir continuarán nutrindo de sons, letras e estilo ao arte musical. 

Ti podes ser unha delas, preme na imaxe e descúbreas!!!!!!!

 

 

ROSALÍA DE CASTRO

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro, poetisa e novelista española que escirbiu en galego e castelán. Foi considerada entre unha das grandes poetas da literatura española do século XIX.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut