Skip to Content

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º EP

Queridas familias de 5º e 6º de EP, premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información do programa EDIXGAL. 

ACTUACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO 2023 - 2024

Comezamos o novo curso escolar este luns con máis motivación grazas ao espectáculo do grupo Teatro do Ar. 

 

 

COMEZA O CURSO 2023 - 2024!

Arranca o curso 2023 -2024! Pulsando na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información da reunión inicial coas familias (agora xa coa información das horas de reunión para titorías correxida, desculpade!).

 

COLABORADORES COMEDOR

 

 ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA DE COLABORADOR/A  DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

*Prazo de entrega mediante o correo electrónico do 25 de xuño ata o 31 de agosto.

ceip.mestre.manuel.garcia@edu.xunta.gal

 

*Prazo de entrega na secretaría do centro do 1 ao 8 de setembro.

ENCARGADO/A DE COMEDOR

 ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA DE  ENCARGADO/A DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

*Prazo de entrega mediante o correo electrónico do 25 de xuño ata o 31 de agosto.

ceip.mestre.manuel.garcia@edu.xunta.gal

 

* Prazo de entrega na secretaría do centro ata o 12 de xullo e dende o 27 de agosto a o 2 de setembro.

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O ALUMNADO NO COMEDOR ESCOLAR

Informamos que está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para este curso 2022-2023.

Pregamos achegar, canto antes, a solicitude coa correspondente autodeclaración para facilitar a organización e determinar a gratuidade ou custo do servizo.

Pódese descargar o impreso premendo no seguinte enlace:

 

*Prazo de entrega mediante o correo electrónico do 5 de xullo ata o 31 de agosto.

ceip.mestre.manuel.garcia@edu.xunta.gal

 

*Prazo de entrega na secretaría do centro do 1 ata o 7 de setembro.

 

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 O alumnado de 1º e 2º de primaria emprega libros funxibles. Dependendo da renda poden recibir un vale de 240€, un vale de 160€ ou nada. Debedes encargalos na librería ata o día 25 de xullo, xa que os libros de matemáticas veñen dende Tenerife e se reciben todos xuntos nun envío durante agosto.

O alumnado de 3º e 4º de primaria emprega libros do fondo que hai no centro. Dependendo da renda poden recibir o lote enteiro de 6 libros, medio lote de 4 libros ou ningún. No caso de recibir 4, debedes mercar os libros de CCNaturais e CCSociais. O caderno de inglés é funxible polo tanto todo o alumnado ten que mercalo.

O alumnado de 5º e 6º de primaria dispoñen do programa Edixgal e de libros de consulta na aula.

  

 

VALES AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

VALES DE LIBROS E MATERIAL

Informamos que xa están dispoñibles os vales de libros e material escolar concedidos pola Consellería para aquel alumnado beneficiario.

O horario de recolliada no centro será mércores 28, xoves 29 e venres 30 de xuño de 12:00h a 14:00h.

GALA ALUCINE! 22/23

 

 

 

 

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> gala ALUCINE
Distribuir contido


by Dr. Radut