Curso 2019-20, Actividades extraescolares, Outras actividades

Día contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro, celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero. No centro fixemos distintas actividades para reflexionar sobre este tema como contos, debates, ...  Preparamos unha danza coa canción "Déjala que baile" de Alejandro Sanz, Melendi e Arkano e bailámola o luns 25. Tamén participamos en distintos proxectos con outras entidades: colaboramos con distintos colexios para o mural #Equaliter e na campaña "En negro contra as violencias, Vilalba en Negro".

 Con motivo desta mesma celebración, o día 3, o alumnado de 1º,2º,3º e 4º asistiu a unha actuación de Titiritrán Teatro que representou a obra "Arturo y Clementina", no Auditorio Municipal de Vilalba

 

VISITA ao IES "LOIS PEÑA NOVO"

O venres, día 22 de novembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria fixo unha saída ao IES Lois Peña Novo para asistir a unhas charlas sobre emprendemento. Estas charlas desenvólvense no marco do Plan eduemprende que vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnadono espíritu emprendedor.

 

MAGOSTO

O venres, día 15 de novembro, celebramos o Magosto con xogos populares. Debido ao tempo metereolóxico  non poidemos facer o lume para asar as castañas. Non comimos castañas pero pasámolo xenial cos xogos cooperativos que nos prepararon os mestres de Educación Física.

SAMAÍN

Este ano no noso cole o Samaín adicámolo ás bruxas. Estamos a preparar unha exposición de vasoiras decoradas, coa participación das familias e ademais temos o III Certame de Debuxos e Relatos de Samaín 2019. 

        Esperamos a participación total en todas as actividades.

RUGBY NO COLE

O venres, día 25 de outubro o alumnado de 5º e 6º participou no programa "Xoga ao  rugby no camiño norte" dentro das actividades do Xacobeo 2021.

CONTACONTOS DE PAULA CARBALLEIRA

O  martes 22 de outubro, o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria  asistiu, no Auditorio Municipal, a un contacontos levado a cabo pola escritora Paula Carballeira, autora dos libros que estiveron a ler nestes días.

VISITA A SOTAVENTO

O venres día 11 de outubro, o alumnado de 1º  de Educación Primaria desprazouse ás instalacións de Sotavento, no veciño concello de Xermade, onde  descubriron moitas cousas sobre as enerxías renovables. Aquí podedes ver as fotos.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

       Resultado de imaxes para caxoto contacontos     

O día 27 de setembro, o alumnado de 1º,2º e 3º de Educación Primaria asistiu a unha sesión de contacontos na Biblioteca Municipal de Vilalba, desenvolta por "Caxoto" na que, a través dun conto, presentou varios instrumentos tradicionais galegos e que fixo as delicias de todos os nenos e nenas.

CONSUMO RESPONSABLE E ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O mércores, día 25 de setembro, o alumnado de 2º de Primaria realizou unha saída  para visitar unha exposición sobre consumo responsable e alimentación saudable  de GADIS- Fund. SEEDO, que estivo na Praza da Constitución de Vilalba.

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes, día 17 de setembro, a escola de música de Vilalba "ESMUVI", realizou un concerto didáctio no centro, onde participou o alumnado dende 5º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Recrearon un conto intergaláctico musical que chamou a atención dos nenos e nenas.

Distribuir contido