Curso 2015-16, Actividades extraescolares, Outras actividades

EXCURSIÓN Á GRANXA- ESCOLA DE BELELLE

O día 26 de abril, o alumnado de Educación Infantil, realizou unha excursión á granxa escola de Belelle, onde os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer e comprender o medio natural participando en novas experiencias: coidaron, mimaron e alimentaron a animais mamíferos e aves; fixeron pan; participaron na elaboración de compos e plantaron un chícharo. Para rematar fixeron un percorrido polo bosque.

Pasárono estupendamente!

(fotografías)

DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro (23 de abril) o alumnado de 5º representou, ao longo de toda a semana e en distintas sesións, unha adaptación do conto "O grúfalo" , para todo o alumnado do centro.

Foi unha representación da obra de teatro en papel (kamishibai, de orixe xaponés).

(ver fotos)

 

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O venres, día 18 de marzo, celebramos o día escolar da árbore e a auga. Da deputación mandaron un castiñeiro para plantar ese día, ás 12 da mañá, coincidindo cos demais centros da provincia.

En cada aula escolleuse un nome para a árbore, logo, no momento da plantación con todos os nomes sorteamos e saíu elixido o nome "Pinchín" co que bautizamos o castiñeiro.

(ver fotos)

A VERDADEIRA HISTORIA DO POETA MANUEL MARÍA DE PADERNA

O venres, día 11 de marzo, o alumnado de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal para ver a  obra de teatro "A verdadeira historia do poeta Manuel María de Paderna" da compañía Lucecús Teatro. Este acto estivo organizado polo Concello.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do DÍA DA MULLER TRABALLADORA, o martes, día 8 de marzo, o alumnado dende 1º a 5º de primaria asistiu á representación teatral "Roedores" que tratou de concienciar en valores de igualdade. Este espectáculo estivo organizado polo concello e tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilalba.

ENTROIDO

O Entroido chegou ao noso Cole  e estivo vixiante na entrada esperando a que chegara o seu día que foi o venres, 5.

Celebrámolo cunha festa onde acudiron artistas con renome, de moitos lugares. Para irnos ambientando, cada día o Entroido mandounos traer algunha cousiña divertida.                                (Fotografías)

Estivemos espectantes, a ver que nos mandaba que foi:

                                                  Martes:

O Entroido danos a benvida

nun sillón, moi repanchigado,

e dinos que o martes

poñamos un gran lazo,

detalle que mola mazo.

                                               Mércores:

O Entroido manda desta vez,

traer unha prenda ao revés.

                                              Xoves:

Para vir máis guapos

o Entroido di que...

traigamos diferentes os zapatos.

 

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O venres, día 29 de xaneiro, rematamos a celebración do día da PAZ E NON VIOLENCIA, cantando no patio do Colexio, todos e todas a canción adaptada de "Don´t worry be happy" acompañada de distintos instrumentos. (Fotos)

Durante toda a semana, fóronse facendo nas clases, actividades sobre este tema, adaptadas aos  distintos niveis.

Tamén se realizou, en conxunto cos Centros da localidade, un distintivo referente á PAZ que lucimos durante este día.

 

VISITA DE INFANTIL AO "IES LOIS PEÑA NOVO"

O alumnado de Educación Infantil, visitou o xoves, 28 de xaneiro, o "IES LOIS PEÑA NOVO" de Vilalba para continuar unha actividade iniciada o curso pasado de facer chapas. Podes ver algunha fotografía picando aquí.

VISITA DE ELI RÍOS

O martes, día 26 de xaneiro, visitou no Centro, ao alumnado de 5º de primaria a escritora Eli Ríos para facer un obradoiro literario.

fotografías

CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2015"

No Certame de poesía infantil "NADAL 2015" convocado pola Biblioteca Municipal resultaron premiadas as obras das seguintes alumnas e alumnos deste Centro:

"O NADAL" de Sabela González López de 6º de primaria.

"OUTRO NADAL MAIS" de Lucía Díaz Darriba de 6º de primaria.

"SOÑOS DE FELICIDADE" de Rubén Fernández de 6º de primaria.

PARABÉNS!!!!!!!

 

Distribuir contido