Outras actividades

VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO DE VILALBA

O alumnado de 3º de primaria realizou unha visita ao museo arqueolóxico de Vilalba o venres, día 14 co fin de coñecer os úteis e características da época paleolítica ata a romana.

QONTOS EN MOVEMENTO

O alumnado de 4º,5º e 6º de primaria participarou nuns obradoiros sobre contos e cine, os días 12 e 13 de novembro.

"Qontos en movemento" é unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar os medios audiovisuais nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión.

Traballaron a partir de curtametraxes que son adaptacións de libros de contos.

PASEO POLO RÍO

O mércores, día 29 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de primaria saíu dar un paseo pola beira do río Madalena co fin de observar a natureza nesta época do ano e recoller algún produto de outono.

SAÍDA DE OUTONO

O venres, día 24, o alumnado de infantil deu un paseo pola contorna coa finalidade de observar  a natureza nesta estación de outono e recoller algún produto propio desta época.

VISITA AO MUSEO

O xoves, día 23 de outubro, o alumnado de 4º de primaria realizou unha saída ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba onde ademáis da visita participaron nun  obradoiro de cerámica.

Fíxose o desprazamento a pé dende o colexio. (fotos)

OBRADOIRO: " OS AMBIENTOS"

 No cole realizamos, o 15 e 16 de outubro, un obradoiro coa colaboración de Adega, onde partipou todo o alumnado. Fíxonos reflexionar sobre o noso papel como habitantes deste pequeno e limitado planeta, intentando despertar valores positivos en canto ao coñecemento, respecto e sensibilidade polo medio ambiente. (fotos)

Distribuir contido