INFORMACION

 

 Que é a orientación escolar?

Enténdese a orientación como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que comeza desde a escolarización do neno e da nena e remata ao finalizar as ensinanzas non universitarias. Este proceso abrangue a toda a poboación escolar, calquera que sexa o tipo e grao de diversidade que presente. Trátase dun proceso global que integra aspectos relativos ao desenvolvemento persoal, aos procesos de ensino-aprendizaxe e á toma de decisións (preámbulo do Decreto 120/98, que regula a orientación escolar en Galicia).

 

Cales son as funcións da orientadora?

a) Dirixir e coordinar actividades e actuacións do departamento de orientación (DO).

b) Coordinar o DO (redacción do plan de actividades, elaboración da memoria final de curso, convocar reunións do mesmo, participar na elaboración doutros proxectos de centro, representar ao DO na CCP, coordinar a adquisición de material de atención á diversidade…)

c) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.

d) Realizar as avaliacións psicopedagóxicas, se é o caso, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade.

f) Coordinar, en colaboración coas mestras de apoio (especialistas de AL/PT), a atención do alumnado con necesidades especificas de apoio educativo, elevando á xefa de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.

 

Como podo facer para pedir cita coa orientadora do centro?

A través do correo-e: orientacion.ceip.mato.vizoso@edu.xunta.gal ou ben no teléfono 982 870 887 (teléfono directo).

 

En que horario está dispoñible?

Polo xeral, a atención as familias, levarase a cabo en dous períodos fixos:

  • De 13.00 a 14.30 de luns a venres.

  • Os martes de 15.30 a 16.30

Sempre será requisito pedir cita previa, pois tamén este Departamento tamén ten adscrito o CEIP Antía Cal Vázquez (Muras) polo que pode ser que de vir sen cita a orientadora non se ache no centro. Ademais por motivos excepcionais, poderá acordase unha cita en distinto horario previa solicitude.

 

Para máis información entre na nosa aula virtual premendo AQUÍ