Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 25 de Novembro.

O pasado sábado, día 25 de Novembro, conmemorouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. As nenas e nenos de sexto de primaria, acompañados e guiados polas súas profes, fixeron este fermoso vídeo, para clamar pola Igualdade e rexeitar esta forma de violencia que tanto dano está facendo na nosa sociedade.

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós.