DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebrouse o día escolar da PAZ, con este motivo  preparamos varias actividades para reflexionar sobre este tema.

Fixemos un pequeno proxecto “Operación kilo-kilómetro” con todo o alumnado. Tratouse de recoller un kilo de calquera produto non perecedoiro, traelo ao cole e o día 30 levalo, percorrendo un kilómetro ata o Concello, onde cada neno ou nena  fixo entrega dos produtos a persoal de Cáritas.  A continuación o alumnado colocouse formando o símbolo da Paz e cantou a canción “Apertas que voan” de Paco Nogueira.

Tamén confeccionamos unha pulseira con motivos referidos a este tema, proposta que realizamos os tres centros de Vilalba.

VIDEO