NADAL

Celebramos o Nadal  con distintas actividades: fixemos un intercambio de postais, que preparamos con entusiasmo na casa con algunha axuda e con materiais case todos de refugallo, tamén fixemos adornos para árbores de nadal do cole que están expostos nos distintos patios, o alumnado de 4º foi contar uns contos ao nenos e nenas de ingantil, 1º e 2º,...

O venres tivemos a actuación musical "Soñando inventei" de María Faltri e Jorge para o alumnado dende  Infantil ata 4º  e unha "ginkana" para os de 5º e 6º .

Tamén nos visitaron o Apalpador e Papá Noel, que chegaron dende moi lonxe.