Blogues

Obradoiros de igualdade

Durante este trimestre o noso alumnado de 6º de Educación Infantil e os nenos/as de 5º de Educación Primaria estiveron a realizar obradoiros sobre a igualdade de homes e mulleres, para esta tarefa contamos coa axuda imprescindible de Mara (axente de igualdade do Concello de Vilalba), coa que fixeron un mónton de actividades, velaquí unha mostra.

 

Ademais, para conmemorar o Día da Muller, que se celebrará este venres, os máis maiores fixeron un traballo de investigación entre as mulleres que eles consideran referentes na súa vida cotiá que se plasma neste pequeno libro, botadaslle unha ollada?

 

Corto sobre o acoso escolar

Feliz día das Letras Galegas!

Só o galego conta con palabras tan fermosas: ledicia, enxebre, saudade, morriña, orballo, sentidiño, luar, lareira, meiga, lembranza...e todas estas que tan feitiñas vos quedaron:

Día da familia 2020

Coas vosas achegas, foi posible crear este video para un día tan especial coma hoxe. 

 

 

Letras Galegas 2020

Como xa sabedes, esta semana a nosa Lingua Galega está de festa! 

Botádelle un vistazo a estas actividades coas que podedes aprender moitos datos interesantes sobre o autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

Facendo clic na imaxe, atoparedes un video resumo da biografía e xogaredes unha peculiar partida de dardos.

    

 

Nesta outra, proponse un misterio a resolver utilizando diferentes pistas e claves. Colle a lupa!  

 

Para rematar, que mellor que este breve relato do autor, no que conta unha divertida anécdota da súa infancia.

 

A reprodución humana e o embarazo

Fai clic nas imaxes e poderás acceder a diferentes actividades sobre a reprodución: os aparatos reprodutores, a fecundación, o embarazo, o parto, etc. 

  

Xoga cos países de Europa

Repasa os países de Europa mediante estes xogos (fai clic neles):  

Crebacabezas 

Onde está? 

Onde están as capitais?

- Onde están os países da UE?

 

 

¿E se probamos a ser booktubers?

Nova proposta de actividade, esta vez sobre as lecturas "Nata y Chocolate" (6ºA) e "El asesinato de la profesora de Lengua" (6ºB).

Toda a información está no documento adxunto. Xa vos comunicamos tamén vía correo electrónico. 

Ánimo! 

Actividades de reforzo e ampliación 2º B

Ola familias !

Irei colgando neste apartado actividades de ampliación e reforzo .

Aconsello ir estudando o abecedario , polo que adxunto unha lámina moi atractiva.

As lecturas que adxunto son moi interesantes e dan moito xogo de traballo . Non só traballan a lectura e comprensión senón tamén aprenden cousiñas doutros países de forma que é un traballo que abarca outras áreas. Aconsello ao final de cada lectura facer preguntas sobre os textos .Poden buscar nomes, adxetivos, verbos e artigos . As preguntas poden se orais ou escritas , o ideal seria que fosen escritas no caderno da clase. Tamén poden facer un debuxo relacionado.

Como vedes engado outras lecturas con preguntas máis seinxelas .

Se non tedes impresora pódenas facer na libreta.

 

2º B LENGUA

Os envío otra tarea para hoy.

 EL ARTÍCULO , VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=CarUDWAbDPc&feature=youtu.be

https://youtu.be/CarUDWAbDPc

LENGUA FIN DE SEMANA

 

 

 

Distribuir contido