Orientación

XESTIÓN EMOCIONAL EN TEMPOS DE CONFINAMENTO.


 

Consellos para a saída á rúa

Unhas pautas para o alumnado máis novo sobre a saída á rúa

Consellos para as familias

Guía do ministerio

 

INFOGRAFÍA SOBRE A REALIZACIÓN DE FOTOGRAFÍAS DAS TAREFAS PARA ENVIAR AO PROFESORADO

 

Moitos e moitas de vós enviades ao profesorado fotografías das tarefas realizadas na casa para que vexan o voso traballo e esforzo nesta situación de teledocencia.

A continuación compartimos con vós unha infografía sobre a realización destas fotografías para que o profesorado poida ver con claridade os vosos traballos.

 

ATENCIÓN PSICOLÓXICA CONCELLO DE A GUARDA.

 

A continuación, podedes consultar na seguinte imaxe o servizo que ofrece o noso Concello sobre asistencia psicolóxica telefónica.

O servizo está dispoñible tanto para nenos, nenas, familias ou mesmo, profesionais de diferentes ámbitos que se atopen nunha situación de nerviosismo, tristeza ou outras reaccións prolongadas que afecten ao seu desempeño laboral ou relacións sociais.

O servizo é totalmente gratuito, de luns a venres de 10h a 14h. e tedes os números de teléfono na seguinte infografía realizada polo Concello.

 

 

VIDEOCONTO: "RESPIRA"

 

Nestes días é moi normal que as nosas emocións sexan unha montaña rusa. Pais, nais, nenos, nenas, avós, avoas... Resulta moi necesario reservar un oco no noso día a día para xuntarnos nun ambiente calmado, sosegado e preparado para... RESPIRAR

Aproveitade este videoconto para relaxaros un pouco en familia. Dádelle ao play, volume suficiente para entender o que nos di e sentados imos a facer con calma e en silencio o que nos vai dicindo.

Desfrutade!

 

Preme na imaxe.

 

ACTIVIDADES INTERACTIVAS.

 

Queremos compartir con vós un espazo web no que podedes atopar un montón de fichas interactivas para reforzar todas as áreas e en especial o traballo de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica.

O bo deste material é que son moi atractivas para o alumnado e poden cubrirse directamente no móbil, tablet ou ordenador, sen necesidade de imprimilas nin copialas.

Ademais, permite comprobar as respostas  ou envialas por correo electrónico do/a mestre/a unha vez rematadas.

Pode resultar un bo material de reforzo para as familias que teñan os medios e tempos suficientes e queiran ampliar o traballo que se envía dende a titoría, que é o traballo imprescindible.

Preme no seguinte enlace: liveworksheets

PROPOSTAS AUDICIÓN E LINGUAXE.

 

A continuación, compartimos con vós algunhas propostas para o traballo de audición e linguaxe e algunhas webs de interese que recollen actividades xerais.

 

No seguinte blog, atoparedes unha serie de contos para estimular a linguaxe: "Las brujas con gato llevan limpios los zapatos"

 

Neste blog de informática para educación especial, podedes atopar bingos con pictogramas para traballar as letras e se navegades un pouco pola web, atoparedes outros recursos interesantes.

 

Recomendamos o seguinte blog: "Para profes y padres", no que se recollen moitas actividades ademais das seguintes propostas de sitios web con máis material.

GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.

 

Nesta guía elaborada pola psicóloga Estela Mediavilla, podedes atopar ideas sobre cómo afrontar esta situación cos vosos fillos e fillas atendendo ás súas emocións.

Ademáis, recolle algunhas ideas para organizar os tempos e algunhas actividades que vos axudarán no voso día a día.

 

Guia Acompanamiento Emocion... by Maria Masana Martinez on Scribd

ENQUISA FAMILIAS.

 

Seguindo á espera de Instruccións por parte da Consellería, dende o Departamento de Orientación decidimos elaborar unha enquisa moi sinxela para saber a situación de cada unha das nosas familias e así organizar o mellor posible o 3º trimestre.

Foi elaborada en Google Forms e enviada a través de AbalarMóbil.

Toda a información recollida será de vital importancia para a nosa labor.

Moitas grazas familias!

Recordade que tedes ata as 12 da noite do venres 17 de abril para cubrila.

 

DE VOLTA!

 

Xa estamos aquí!

Nesta volta da semana santa, esperamos que todos e todas sigades ben.

Queremos informarvos que todos os centros educativos galegos estamos á espera de instruccións para saber cómo temos que levar a cabo o 3º trimestre.

Aquí tedes a información que temos ata agora:

 

 

 

Cando dispoñamos de máis información, poñerémonos en contacto con vós.

Un saúdo!

RECOMENDACIÓNS DA OMS E MAPA DO TESOURO.

 

Neste último día antes da vacacións en casa de Semana Santa, queremos recordarvos unhas recomendacións que nos fai a OMS para lidiar co estrés nesta situación de confinamento. Seguramente todos e todas xa as coñecedes, pero queremos enfatizar as máis importantes neste momento complicado no que se cumplen 3 semanas de encerro.

 

Oms by Maria Masana Martinez on Scribd

 

Ademais, como estaremos un tempo sen subir materiais, propoñémosvos un xogo que podedes facer durante estos días, elaborado por Manu Velasco. Trátase dun mapa do tesouro con diferentes ideas para que os nenos e neas investiguen, lean, xoguen, se movan e se expresen na casa. 

Dispoñible no seguinte enlace: https://view.genial.ly/5e80aa5a5ad5150d93d84755

 

 

ATA O 14 DE ABRIL!

 

TANGRAM.

 

O Tangram é un xogo tradicional oriental moi antigo.

A única premisa que ten é que en todas as figuras que formemos, teremos que utilizar as sete pezas.

Hai varios niveis:

- Nivel 1: só hai que colocar as pezas sobre as plantillas ata completala, para obter a figura que se indica. Por exemplo: un barco.

- Nivel 2: o neno/a ve a figura en color e terá que formala, tendo ésta como referencia visual.

- Nivel 3: só se amosa unha silueta opaca do obxecto e o neno/a ten que creala utilizando o Tangram.

 

Tamén poden utilizar as pezas sen tarxetas e facer creacións propias.

 

Outro uso do tangram se refire á súa aplicación á xeometría ou para resolver algúns problemas matemáticos, complementándoos de forma práctica e visual.

 

Ten varios beneficios:

- Mellora a concentración.

- Desenvólvese a capacidade reflexiva.

- Fomenta a creatividade.

- Axuda ao desenvolvemento de capacidades matemáticas, coma a organización espacial.

 

Propoñémosvos que fagades o voso propio e tratedes de elaborar as figuras que vos adxuntamos, pasando polos diferentes niveis.

 

 

Tang Ram by Maria Masana Martinez on Scribd

2 ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

 

Mañá 2 de abril, é o Día da concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista e queremos que colaboredes con nós na súa visibilización e apoio da seguinte maneira:

COMECOCOS DAS EMOCIÓNS.

 

Ola familias.

Está claro que nestes días, as emocións dos vosos fillos e fillas mais as vosas, están a flor de pel.

Propoñémosvos que elaboredes un "comecocos das emocións" para, ademais de pasar o tempo facendo unha manualidade, ter un instrumento que vos sirva para falar e expresar as vosas emocións e así poder axudarvos a controlar o voso mundo interior.

A continuación ofrecémosvos unha plantilla, pero perfectamente podedes facer cada un/ha o voso propio, soamente necesitades un papel tamaño A4.

PROCESO DE ELABORACIÓN:

1. Recorta o cadrado marcado. No caso de elaborar o voso propio comecocos, facede un cadrado co folio A4 doblando por unha esquina superior cara o lado contrario e facede o mesmo coa outra esquina superior, pois desa forma crearedes un cuadrado.

 

2. Dobra pola metade.

 

 

3. Dalle a volta ó papel.

 

 

4. Dobra cada esquina cara o centro do cadrado.

 

 

5. Volve a dobrar as novas esquinas cara o centro do cadrado.

 

 

6. Cando o comecocos quede desta maneira, continúa no seguinte paso.

 

 

7. Dobra pola metade deste modo.

 

 

8. Xa tes o comecocos listo para usar. No caso de facer o teu propio, elabora primeiro o comecocos e cada o teñas feito, decórao coas emocións e as accións que ti queiras.

 

 

Cocote Emotion Es by Maria Masana Martinez on Scribd

MARATÓN NA CASA!

 

Aquí tedes unhas tarxetas con probas moi sinxelas para pasar o tempo en casa.

 

 

Tarjetas-para-un-super-¡¡MARATÓN-EN-CASA by Maria Masana Martinez on Scribd

Powered by Drupal - Design by artinet