PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (25 - 29 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

 https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as. Tamén o podedes ampliar cos nomes da familia.

 

Cando debuxedes, fagades fichas... recordade coller ben o lápis, os rotus ou as pinturas. Como dicimos no cole: CO PÍO PÍO!

 

LUNS

OS NÚMEROS: xogos con números e cantidades. Hai moitas posibilidades. Podemos lanzar un dado que teñamos por casa e pedirlles que traian tantos obxectos como lles indica o dado (neste caso facemos conxuntos e contamos do 1 ao 6).

Outra opción e poñerlles varios envases, cun número cada un: deben meter dentro tantos obxectos como indica o número (como sempre vos digo, comezamos do 0 ao 5,6 e despois segundo as posibilidades de cada un podemos engadir máis).

FONTE:http://aprendemosconlasntic.blogspot.com/2015/09/juego-para-aprender-relacionar-la.html

Este é un exemplo con tubos de cartón. Este está moi elaborado, pero con poñer un número a cada tubo ou envase e que eles metan dentro elementos que teñades por casa (paliños, pompóns, pezas de xogar, etc.) é suficiente.

OPCIÓN FICHA

Ligazóns vídeos e cancións con números:

https://www.youtube.com/watch?v=7KaeYdM-UhM (Aprende os números con Cuquin)

https://www.rtve.es/infantil/serie/educlan-3-5-anos/video/logica-matematicas-aprendiendo-escribir-numeros/5539060/ (Smile and Learn, adiviña os números e direción de escritura)

https://www.youtube.com/watch?v=IazjlsjMO_0 (do 1 ao 5 Babyradio)

https://www.youtube.com/watch?v=RUgkF_mbB7s (cancións números Pinkfong)

https://www.youtube.com/watch?v=kqNzrVo8Qzc (cancións números Littlebabybum)

 

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

MARTES

-EXPRESIÓN PLÁSTICA CON BASTONCIÑOS DOS OÍDOS e pintura. Con esta técnica pódese decorar unha árbore coas súas follas, facer flores, pintar, mandalas...

 

OPCIÓN FICHA: decorar un dos mandalas con esta técnica

 

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

 

MÉRCORES

 

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

 

RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

 

XOVES

-TEATRO DE SOMBRAS. Xogamos coas luces e as sombras outra vez? Esta vez cun teatro de sombras. Hai distintas opcións:

-Cun saba de cor branco colgada de xeito que vos poidades esconder detrás. Colocamos unha lanterna detrás da saba e nos movemos: podemos representar animais co noso corpo e os demáis adiviñar, achegarnos e alonxarnos para ver o efecto, mover distintos obxectos, representar un conto...

Se tedes papel celofán de cores na casa, se pode pegar un cachiño diante da lanterna e se verá todo de cor!

 

-Tamén se pode facer un pequeño teatro de sombras ou chinés, cun cartón e papel vexetal do que se utiliza para o forno. Recortando figuriñas e pegándolle un pao, xa temos as personaxes. Colocamos a lanterna na parte de atrás, apagamos as luces e... acción!

Podedes inventar o que queirades e facer personaxes sinxelas.

Se o preferides nestes enlaces tedes algúns exemplos e imprimibles:

ELMER

http://www.clubpequeslectores.com/2017/05/teataro-sombras-cuento-infantil-elmer.html

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA

http://itsplaytimeingles.blogspot.com/2014/07/the-very-hungry-caterpillar-shadow-story.html

 

E neste enlace un vídeo deste último conto contado co teatro de sombras:

https://www.youtube.com/watch?v=wFWcqD_5frI

 

OPCIÓN FICHA

 

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

RECURSOS TIC INFANTIL

 

 

VENRES

-PARELLAS: igual/diferente. Votamos unha partida ao memory? Moitos xa tedes este xogo na casa, pero se non, se pode facer algún sinxelo e a xogar!

Tamén podemos buscar por casa cousas iguais. Por exemplo: colocamos varias cousas nunha mesa das que sabedes que teñen outra igual entre os seus xoguetes: a buscar a parella de cada unha delas!

Tamén vale xuntar calcetíns como xa vimos facer a algunha compañeira!

OPCIÓN FICHA

Powered by Drupal - Design by artinet