Sesión para Infantil

Ola a tod@s.

Esta  sesión de psicomotricidade da semana que vai do 18 ao 22 de maio vai adicada á memoria da miña compañeira de traballo e profesora vosa Elsa González Alfonso (DEP) . Ímola desenvolver no corredor ou nunha habitación da nosa casa. O material que necesitamos é un ordenador, moitos peluches e unha corda. Ah, tamén necesitamos que unha persoa adulta nos axude, sobre todo na primeira parte da sesión.

1ª parte: facemos o xogo das estatuas, que consiste en que a persoa adulta pon música (coa axuda do ordenador) durante uns segundos,  nos que temos que movernos como queiramos sen parar, pero cando o adulto quite a música temos que quedarnos parad@s, convertid@s en estatuas até que soe a música de novo (repetimos varias veces);

2ª parte: colocamos coa axuda do adulto os peluches e a corda polo chan, en liña recta e deixando unha pequena separación entre cada obxecto e o seguinte , comezamos facendo zig-zag na zona dos peluches e pisando por riba da corda, despois pasamos coas pernas abertas sobre todos os obxectos, despois saltamos coas pernas xuntas por riba dos peluches e da corda, o alumnado de 5 anos tenta facer zig-zag á pata coxa na zona dos peluches, pensamos  (e practicamos) outros xeitos distintos de facer este percorrido e rematamos recollendo entre tod@s. Pódenos dar ideas o seguinte vídeo     https://youtu.be/RH5nxzrdanM

Unha aperta moi forte!

Powered by Drupal - Design by artinet