PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (18 - 22 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

 https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

-Tódalas semanas: xogar coas letras e co nome propio e o dos compañeiros/as.

 

LUNS

OS NOMES: actividadeESTAMOSCONECTAD@S. Seguimos co noso nome e o dos compañeiros/as. Esta semana imos contar as letras que ten cada un e segundo o número de letras os clasificamos en curtos (4 letras), medianos (5 letras) ou longos (6 letras).

Podemos poñerlles os números nun papel, na mesa, no chan, etc. e que vaian colocando cada nome no lugar en que lle corresponda: os que fixestes os nomes da semana pasada xa podedes utilizar o voso material para esta actividade.

*PSICOMOTRICIDADE: imos ver que nos deixou o profe Alberto esta semana.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

MARTES

-BIBLIOSINDE. Hoxe en bibliosinde: Iker, Laia e Paula! Os contos de Iker e Laia xa os vistes en primicia. Agora tócalle a Paula con: “¿De qué color es un beso?”

Vos fago esta proposta para traballar a partir deste precioso conto:

-Preguntarlles aos nenos/as: que é un bico? A quen lle dan bicos e por qué? De qué cor é para eles un bico? Ou ten distintas cores segundo a quen llo demos?

-Facemos nun papel bicos de cores (repasamos as cores). Podemos preparalos como aparece na imaxe colocándolle un paliño como e mirarnos diante do espello cos bicos de cores, ou facer un memory de bicos de cores...

-Outra opción cos bicos que fagades, é que funcionen como “vales”; é dicir, regalarllos a quen eles/as queiran (nais, pais, irmás, irmáns, avós, avoas, primos...) para que llos den cando queiran pedirlles un bico. Tamén llos podedes regalar vós a eles para que vos pidan o bico a vós (educación emocional).

-Unha última opción sería pintar os labios e encher un folio ou cartulina con bicos. Incluso se pode decorar con purpurina ou outros detalles e regalarllo a alguén a quen queiran.

E dende logo, vale calquera actividade que se vos ocorra relacionada co conto.

BIBLIOSINDE

Ligazón ao conto completo en youtube:

https://www.youtube.com/watch?v=CIKFB3Pbx00

BICOS DE CORES PARA VÓS!

 

O MARTES é o día de inglés. Imos ver que novas actividades nos puxo a teacher Mariña en edmodo.com.

INGLÉS

 

MÉRCORES

*MÚSICA: que nos deixou esta semana o profe Javier?

MÚSICA

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: e a profe Bea e a profe Montse?

RELIXIÓN

ATENCIÓN EDUCATIVA

 

XOVES

-NÚMERO E CANTIDADE. Xogo de cartas: repartimos as cartas con cantidades do un ao cinco. En cada tirada, os xogadores por turnos escollen unha carta e bótana enriba da mesa: ¿quén botou a carta máis alta? É o que gaña a partida e recolle tódalas cartas.

Ao final do xogo gaña o que teña máis cartas.

Tamén se pode facer sen mirar as cartas: con tódalas cartas boca abaixo, botar unha ao azar e ver quen lanzou a máis alta. E noutra partida cambiar os criterios: que gañe o que bote a carta máis baixa en lugar da máis alta.

Senón tedes barallas, unha forma moi sinxela de facer unha é recortando rectángulos e colocando dentro 1,2,3,4,5 pegatinas ou debuxiños.

Eu vos aconsello comezar cos números do 1 ao 5, pero máis adiante se poden incorporar cartas de maior número.

http://rincondeunamaestra.blogspot.com/2016/03/el-juego-de-el-unillo.html?m=1

Neste blogue tedes un xogo de cartas para imprimir e ademáis un vídeo curtiño dun xogo de cartas feito con nenas e nenos de 3 anos ao que chaman “el unillo” en lugar do tradicional “cinquillo”.

Consiste en colocar as cartas do número 1 enriba da mesa, despois por turnos, vemos se temos un dous para poder colocalo enriba do 1, despois o 3 o 4 e o 5. Se diferencia ademáis entre distintas cores. O gañador/a é o primeiro que queda sen cartas.

Tamén se pode facer xogos de xuntar parellas, etc. As podedes utilizar en diversas ocasións e con distintas finalidades. Se tedes unha baralla de cartas normal tamén vale, diferenciando entre os distintos palos da baralla.

 

*ACTIVIDADES TIC: un ratiño de actividades de actividades educativas co ordenador, tablet, móvil, robot...

Tódolos anos seminariogalan.org publica actividades relacionadas coas letras galegas. Este ano publicou actividades interactivas, das que vos deixo a ligazón para 4º de infantil. Están ben, pero teríades que axudarlles a facelas, porque son complexas para que as fagan eles soíños.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/460

 RECURSOS TIC INFANTIL

 

VENRES

-PINTAMOS COAS MANS E OS DEDOS. Como vos gusta pintar as mans!

A imaxinación ao poder! Déixovos algúns exemplos:

COS DEDOS

https://twitter.com/CentroHB/status/723049696692936704

COAS MANS

https://www.craftymorning.com/fun-zoo-animal-handprint-crafts-kids/

COS PÉS!

https://www.smartschoolhouse.com/diy-crafts/hand-footprint-art-ideas?fbclid=IwAR0MqI0VXn6NGOeiJoW8UdXb9xrkISJH0-CK_IYiIi96SxkTm9Lr4CAuw74

Powered by Drupal - Design by artinet