Sesión de EF para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 11 ao 15 de maio. Ímola desenvolver no corredor da nosa casa e o material que necesitamos consiste en rolos de papel hixiénico (algúns con papel e un par sen papel), unha culler (en castelán cuchara) de plástico e un pequeno obxecto calquera que se poida levar coa culler. Imos traballar o equilibrio:

Infantil: temos que cruzar o corredor completo 5 veces seguidas levando un rolo con papel sobre as palmas das nosas mans (cos brazos en cruz e as palmas mirando cara o teito); outras 5 veces levando un rolo con papel sobre a cabeza e os brazos en cruz; outras 5 veces levando un rolo sen papel verticalmente, agarrado coas dúas mans e unha laranxa no extremo superior do rolo; outras 5 veces levando un rolo sen papel, verticalmente,  en cada man e unha laranxa sobre cada un deles; ocórresevos algún exercicio máis que poidamos facer para traballar o equilibrio con rolos de papel?

Primaria: imos pegar no chan do corredor unha tira de cinta adhesiva de embalar (en liña recta) e imos traballar o equilibrio pisando sobre esa cinta, empregando varios rolos de papel hixiénico e unha culler de plástico tal como aparece aquí: https://youtu.be/85sGfBNJ4mA

Saúdos e non esquezades que xa podedes pasear fóra de casa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet