PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (11 - 15 MAIO)

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

OS NOMES: actividade ESTAMOSCONECTAD@S.

Cada día no cole, a encargada/o pasaba lista e repartía os manteis. Moitos dos nenos/as xa recoñecían o nome dos compañeiros e compañeiras sen necesidade de ver a foto.

-Preparamos unha lista cos nomes das nenas e nenos da aula. A primeira letra podemos poñela nunha cor diferente as demais para destacala: é a inicial do nome.

As poñemos boca abaixo e unha a unha, a nena/o a levanta e dí de quen é o nome. Os que fixestes a caixa das sorpresas tamén podedes sacarlle partido e meter os nomes dentro.

 

Déixovos máis abaixo un pdf adxunto cos nomes e as letras por se os que tedes impresora os queredes imprimir. Senón sería bo escribilos nun cartón (dunha caixa de cereais ou galletas) para que sexa máis resistente e duradeiro.

Tamén vos deixo un vídeo adxunto cos nomes e fotos das compañeiras/os. Nas fotos aparecen cun chaleco salvavidas e un gorro que nos trouxeron os pais de Martín para o proxecto do mar: seguro que lles fai gracia verse así!

 

-Para seguir traballando coa lecto-escritura a través dos nomes, preparamos tamén as letras separadas para construir os nomes, como aparece na fotografía. Se as facedes en cadrados, os propios nenos/as os poden recortar.

Tamén poden repasar as letras con rotuladores ou pinturas para traballar a grafía.

Se na casa tedes letras para xogar, xa poden facer a actividade con elas.

(recordade que de momento, en xeral, precisarán ter o modelo diante: é dicir ter o nome completo para ir identificando cada letra e colocándoa no seu lugar)

Estas actividades se poden facer en varios días (é moito para unha mesma xornada) e repetilas para que asimilen as aprendizaxes. É posible que despois de tanto tempo se lles esquecera, pero facéndoo varias veces seguro que o recordan enseguida.

 

Explícovos como facíamos no cole por se alguén o quere facer na casa (esta parte da rutina encantáballes, non perdoaban que nos saltáramos nin un paso):

-Miramos na lista de encargados a quen lle toca ese día.

-Eles din asletras unha a unha e eu as escribo indicando o son que fai cada unha (na casa poden eles tentar copialas)

-O encargado/a e o seu axudante, buscan entre as letras do abecedario as que corresponden ao nome e as colocaban debaixo (vemos se algunha se repite)

-Contamos as letras do nome e escribimos a cantidade nun cadrado.

-Despois vemos cántos aplausos (sílabas) ten o nome. Por exemplo: MA – RA (2)

-Facemos unha “ola” por cada sílaba e sumamos 1 + 1 = 2 (case todos teñen dúas)

-Escribimos o número dentro dun círculo.

AdxuntoTamaño
NOMBRES Y LETRAS.pdf20.47 KB
VÍDEO NOMBRES.mp413.13 MB

Powered by Drupal - Design by artinet