Circuito de exercicios para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Hoxe imos deseñar un circuito con varios exercicios para 1º e 2º de Primaria no que papá ou mamá tamén teñen que participar. É moi importante que @ nen@ nos axude tanto a colocar o material como a recollelo. O espazo que necesitamos é o corredor da casa e unha habitación con espazo suficiente. Material:  pelotas suaves, varias alfombras medianas ou esterillas, moitos peluches, moitos rolos de papel hixiénico.

Os exercicios son os seguintes (facemos cada exercicio durante 1 minuto e pasamos ao seguinte como aparece neste vídeo

https://youtu.be/BnKIAFebJzo ):

1º) colocamos dúas alfombras no chan para sentarnos fronte a fronte, poñendo o adulto os seus pés sobre os d@ nen@, que irá pasando a pelota suave ao adulto para que este se estire até tocar a alfombra coas costas e despois suba traballando os músculos abdominais,devolvendo a pelota ao nen@, que lle lanzará de novo a pelota;

2) colocamos dúas ringleiras de rolos de papel e un monte de peluches nun extremo, porque temos que ir levando un peluche dun lado a outro cada vez que crucemos (facendo zig-zag) a nosa ringleira de rolos, e voltaremos  a catro patas sobre os rolos para coller outro peluche;

3) colocamos dúas alfombras no chan, dous montes de peluches diante delas e nós estirados boca arriba sobre as alfombras, porque temos que coller un peluche cos pés, subir as pernas por riba do noso peito , deixar o peluche detrás da nosa cabeza e levar as pernas cara adiante para coller outro e repetir a maniobra;

4) facemos unha carreira lateral, dun lado a outro dunha habitación, fronte a fronte, chocando as palmas das mans co outro cada vez que nos crucemos;

5) o adulto ponse boca abaixo (en posición de plancha) para que o nen@ vaia pasando alternativamente por riba e por debaixo do mesmo;

6) poñémosos fronte a fronte separados 4 metros, collemos a pelota suave, facemos unha sentadilla con ela e, ao subir o tronco, pasamos a pelota ao outro, que fará o mesmo e nos devolverá a pelota.

Podemos repetir o circuito completo varias veces e,despois, estirarémonos nunha alfombra, boca arriba, cos brazos pegados , igual as pernas, e totalmente extendidos brazos e pernas, aguantamos esta posición contando 20 lentamente (facemos o mesmo boca abaixo).

Fixádevos ben no vídeo para entender o circuito e a disfrutar!

Saúdos. 

Powered by Drupal - Design by artinet