Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión para a semana do 20 ao 24 de abril. Imos desenvolver  esta sesión no corredor da nosa casa ou piso e empregaremos o seguinte material: 6 rolos de papel hixiénico completos (con todo o papel), 1 libro,  1 pelota de plástico pequeniña (se non temos, vale unha feita con papel) e 1 papeleira. Poñémonos roupa cómoda e tamén música (se queremos).

A sesión ten 5 partes:

1) en primeiro lugar cruzamos o corredor 10 veces seguidas trotando, despois cruzámolo unha vez trotando hacia atrás, outra á pata coxa, outra saltando cos pès xuntos, outra á catro patas cos xeonllos sobre o chan (facendo o gato), outra á catro patas sen pousar os xeonllos no chan (facendo o elefante), outra sobre as dúas mans e un pé (facendo o can coxo), outra arrastrándose sobre o chan, outra doutro xeito que se nos ocorra...

2) reto do papel hixiénico: colocamos os 6 rolos de papel hixiénico nun extremo do corredor e nós colocámonos no outro extremo. Saímos correndo, collemos un rolo de papel, voltamos con el na man ata o outro extremo do corredor e regresamos con el na man para coller un segundo rolo, cruzamos o corredor cos dous rolos e voltamos con eles a por un terceiro...e así todo o tempo ata chegar a coller o 6 rolos e cruzar todo o corredor con eles (se podemos);

3) reto dos golpeos: collemos un libro pequeno cunha man e a pelotiña pequena coa outra, soltamos a pelotiña e tentamos golpeala unha vez co libro, repetimos varias veces o exercicio e, cando nos saia ben, tentamos algo máis difícil, golpear a pelotiña moitas veces seguidas sen que caia ao chan e sen agarrala coa man. podemos contar o número de golpeos (toques) seguidos que conseguimos;

4) reto da papeleira: colocamos a papeleira no medio do corredor, separámonos un paso dela e tentamos encestar a mesma pelotiña do exercicio anterior na papeleira, cando o consigamos separámonos dous pasos da papeleira e tentamos encestar, cando o consigamos separámonos tres pasos da papeleira e así todo o tempo...

5) poñémonos de pé, en equilibrio sobre unha perna, pechamos os ollos e aguantamos o tempo que poidamos (despois cambiamos a perna de apoio e facemos o mesmo).

Moito ánimo.

Powered by Drupal - Design by artinet