Exercicios no corredor da casa (ou piso) para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Exercicios no corredor para 3º,4º,5º e 6º Primaria

 

Ola a tod@s.

Continuamos traballando nesta semana do 13 ao 17 de abril. Nesta ocasión imos aproveitar o corredor da nosa casa ou piso para facer novos exercicios. O único material que imos necesitar é unha alfombra mediana e 10 rolos de papel hixiénico completos (con papel). Levaremos posta roupa cómoda (e pouca roupa, porque hoxe imos suar a camiseta). Comezamos:

1) entramos en calor poñéndonos nun extremo do noso corredor, cruzándoo correndo e voltando ao punto de inicio, facemos o mesmo correndo de lado, correndo hacia atrás, levantando moito os xeonllos, levando os talóns ao cu, á pata coxa (primeiro sobre un pé ida e volta, despois sobre o outro), saltando cos pés xuntos, a catro patas cos xeonllos en alto (posición do elefante), a catro patas cos xeonllos apoiados no chan, a tres patas (posición do can coxo), facendo o cangrexo, avanzando e xirando en círculos ao mesmo tempo, e de outras formas que pensemos...pero sempre facendo a ida e a volta do mesmo xeito;

2) colocamos os 10 rolos de papel no inicio do corredor, collemos un rolo, corremos con el na man, colocámolo no centro de corredor, continuamos correndo (xa sen o rolo), chegamos ao final do corredor, damos volta correndo e cando cheguemos á altura do rolo saltamos por riba, chegamos ao punto de inicio, collemos outro rolo, vamos correndo, colocámolo sobre o rolo da outra vez, corremos ata o final do corredor, damos volta moi rápido e saltamos sobre os dous rolos de papel, chegamos ao punto de inicio e collemos o terceiro rolo para facer o mesmo...así todo o tempo facendo cada vez unha torre de rolos máis e máis alta. Tentamos saltar sobre o maior número de rolos posible. Podemos facer este exercicio varios días para comprobar se imos mellorando. Este é o "RETO DOS ROLOS DE PAPEL";

3) se aínda estamos con forzas, sobre todo @s maiores, facemos todos os burpees que poidamos. Burpee é unha palabra inglesa que indica que temos que facer unha flexión seguida de un salto , todo seguido e todas as veces que poidamos. A técnica correcta podémola mirar neste vídeo https://youtu.be/Uy2nUNX38xE

4) para rematar, un pouco de ioga sobre a alfombra seguindo este outro vídeo https://youtu.be/Dwt0qeBj85I

Agardo que vos gustase. Boa ducha para tod@s e ata a próxima sesión.

AdxuntoTamaño
Burpees e ioga para 3º,4º,5º e 6º Primaria.pdf45.67 KB

Powered by Drupal - Design by artinet