Hoxe no obradoiro de estimulación da linguaxe disfrutamos do seguinte conto activo onde traballamos os movementos bucolinguales, a atención e a comprensión oral
"Esta é a historia dun gusano que quería xogar coa señora Lingua. Recorreu un longo camiño ate chegar alí. Tocou o timbre (tocar nariz e decir dindon) e se escondeu detrás dunha orella.
A señora Lingua abriu a porta (abrir a boca) mirou para adiante, mirou para arriba, mirou para abaixo, mirou para un lado, mirou para o outro e como non viu a ninguén pechou a porta.
O gusaniño dicía : jajajajajaja, non me viu, non me viu. Voulle tocar o timbre de novo.
Escondeuse de novo, esta vez na outra orella. A señira Lingua abriu a porta. Mirou para adiante, mirou para arriba, mirou para abaixo, mirou para un lado, mirou para o outro e como non viu a ninguén pechou a porta.
O gusaniño dicía : jajajajajaja, non me viu, non me viu. Voulle tocar o timbre de novo. Escondeuse de novo, esta vez debaixo do cú.
A señora Lingua abriu a porta con moooita forza. Mirou para adiante, mirou para arriba, mirou para abaixo, mirou para un lado, mirou para o outro e como non viu a ninguén pechou a porta con moita forza.
O gusaniño dicía : jajajajajaja, non me viu, non me viu. E xusto nese momento a señora Lingua abriu a porta e viu ao gusano e dixo: -Brrrrrrrrrrrbrbrbrbrbrbrbrbrrrrr.
- Ai, señora Lingua eu só quería xogar, nada máis.
E como a señora Lingua era moi boa, dixolle que cando él quixera podía ir a súa casa a xogar e a tomar leituga. Deulle un bico e pechou a porta despaciño porque xa non estaba enoxada.
O gusaniño marchou moi contento."