Reparto de máscaras para alumnado de Educación Primaria

Reparto de máscaras:

As familias do alumnado beneficiario de máscaras poderá pasar a recollelas o luns 20 de decembro no seguinte horario:

  • De 9:00 a 9:55 horas.
  • De 13:15 a 14:00 horas.
  • De 16:00 a 19:00 horas.

Lembrade que é obrigatorio cumprir as normas sanitarias (distanciamento social, hixiene de mans e uso de máscara).

 

 

Publicadas no taboleiro da entrada ao centro a relación definitiva de alumnado beneficiario das máscaras.

 

Publicada a orde de reparto de máscaras para alumnado de Primaria (ligazón ao DOG aquí)

O alumnado que recibiu axuda para a adquisición de material non ten que facer nada. Seralle entregado un lote de máscaras.

Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas publicaranse o día 29 de novembro no taboleiro da entrada ao centro. Poderase facer reclamación ás mesmas os dous días seguintes na secretaría do centro.

Documentación a presentar ademais da solicitude (Anexo I) ata o día 26 de novembro inclusive (ver artigo 9 da orde):

  • a) Anexo II (os anexos I e o II están dispoñibles na secretaría do centro)
  • Documentación complementaria :

  • b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

    d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

    e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

    De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

A documentación entregarase de xeito presencial.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet