Reparto de máscaras

Estimadas familias:

Este xoves día 10 de decembro procederemos a entregar o lote de 4 máscaras ao alumnado que lle corresponde. Para isto as familias deben acudir a recollelas nos seguintes horarios:

  • 1º de Primaria.- de 8:45 a 9:00 horas no Pavillón
  • 2º de Primaria.- de 8:45 a 9:00 horas no Ximnasio
  • 3º de Primaria.- de 9:00 a 9:15 horas no Pavillón
  • 4º de Primaria.- de 9:00 a 9:15 horas no Ximnasio
  • 5º de Primaria.- de 14:00 a 14:15 horas no Ximnasio
  • 6º de Primaria.- de 13:50 a 14:00 horas no Ximnasio

As familias que teñen fillos e/ou fillas en distintos cursos poden recoller os dous lotes na hora que máis lle conveña. As familias con nenos ou nenas en infantil poden recoller as máscaras despois de entregar ao alumnado nas respectivas aulas. Lembramos que se deben seguir as normas de seguridade (uso obrigatorio de máscara, distanciamento social de 1,5 metros e uso de xel hidroalcólico para a hixiene de mans).

Está calculado para que o uso destas máscaras cubra todo o curso 2020-2021 polo que non se poden empregar para outra actividade que non sexa acudir ao centro.

Powered by Drupal - Design by artinet