O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Blogues |
Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Infantil, invitados pola Asociación de Veciños de Maianca e coa colaboración do Concello de Oleiros, prantaron árbores na zona verde de Canide e disfrutaron dos arredores. Tanto nenos ,como non tan nenos, desfrutaron dun día estupendo! Ademáis saímos no periódico da OPINIÓN: Aquí tedes o ENLACE. |
|||
Onte, o profesorado, participou nas Xornadas de Formación para a posta en práctica do programa de autoprotección do centro. O Equipo de Emerxencias do Concello de Oleiros formounos na prevención, actuación e os procesos de evacuación que levaremos a cabo ante as diferentes situacións de emerxencias que podemos vivir no noso Centro e que xa están recollidos no noso Plan de Autoprotección. Proximamente, realizaremos no noso Centro, un simulacro de evacuación.
|
|||
Rematamos este trimestre cunha pequena presentación da que será a Semana de concienciación do Autismo.
O 2 de abril celèbrase este día, así que, á volta das merecidas vacacións, faremos diferentes actividades dentro da temática “Todos somos diferentes”. Hoxe adornamos o colexio de azul e fixemos a lectura do discurso inaugural.
|
|||
Estimadas familias,
Con motivo da folga convocada para o día 8 de marzo do 2018 (Día Internacional da Muller), este Centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado. Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 26/2018 do 1 de Marzo polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais para ese día (DOG 07/03/2018). Agradecemos, coma sempre, a vosa inestimable colaboración. Atte. Equipo Directivo
|
|||
O noso alumno Mateo participa nun programa de ensinanza de música no Conservatorio Profesional da Coruña para alumnos e alumnas con necesidades especiais de aprendizaxe. A finais de febreiro participou nun concerto no CEFORE, interpretando o Segundo movemento da "Sinfonía Del Nuevo Mundo” de Dvorak, tocando a trompa. Podedes ver nestes enlaces o bien que o fixo. Noraboa, Mateo!
|
|||
Bo día,
As datas para entregar a documentación necesaria para a admisión do alumnado de nova incorporación a este centro para o curso 2018/2019 son:
DO 1 AO 20 DE MARZO
|
|||
Podedes ver, nos seguintes vídeos, o ben que o pasamos na festa do Entroido. Esperamos que vos guste! E moitas grazas por participar! |
|||
MOITAS GRAZAS FORGES
|
|||
Como xa comentamos nunha das entradas anteriores, onte 21 de Febreiro, Día da Lingua Materna, entregáronse na sede de "A Fábrica" de Oleiros, os Premios Literarios Descubrindo Oleiros e entro os premiados atopábanse dous alumnos do noso colexio: DIEGO SANTIAGO GARCÍA e unha mención especial para ADRIEL BARBEITO ROMANO. Tedes aquí un collage das fotos desa entrega: COLLAGE Deixamos nos adxuntos unha mostra deste día , sen esquecernos de darlle as grazas ao Concello por estas iniciativas e pola colaboración que sempre amosan connosco. Esperamos que vos guste Saúdos |
|||
Este ano para celebrar o Día da Paz, o 30 de Xaneiro, fixemos un rap para que tod@s os nen@s cantaran xuntos no cole. Pasárono fenomenal, e a canción foi todo un éxito!!!!
Aquí vola deixamos por se querede cantala!!
PINCHA AQUÍ RAP DA PAZ LUÍS SEOANE |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- seguinte ›
- última »