Actividades

VíDEO PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!

O final chega e queriamos rematar este looooongo curso académico cun sonriso.

Fixemos un vídeo de despedida onde participaron unha pequena representación de alumnos e alumnas de todas as clases...

Simplemente desexarvos unhas moi felices vacacións e que a forza vos acompañe!!!! (Podedes ver o vídeo facendo clic na imaxe).

Vémonos en Setembro!!!!

 

Ademáis que saibades que xa temos canal de tv educativa e podedes suscribirvos para que non vos perdades ningunha das actividades do centro!!!! Estamos en CEIP LUIS SEOANE PRODUCIÓNS (en Youtube).

 

VISITA AO CONCELLO DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 3º de Educación primaria visitaron o Concello de Oleiros o xoves 19 de Abril. Coñeceron ao noso alcade, fixéronlle preguntas  sobre o seu traballo e pasaron un anaco moi agradable.

DÍA DA ÁRBORE

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Infantil, invitados pola Asociación de Veciños de Maianca e coa colaboración do Concello de Oleiros, prantaron árbores na zona verde de Canide e disfrutaron dos arredores.

Tanto nenos ,como non tan nenos, desfrutaron dun día estupendo!

Ademáis saímos no periódico da OPINIÓN: Aquí tedes o ENLACE.

Semana de concienciación sobre o Autismo

 

Rematamos este trimestre cunha pequena presentación da que será a Semana de concienciación do Autismo.

 

O 2 de abril celèbrase este día, así que, á volta das merecidas vacacións, faremos diferentes actividades dentro da temática “Todos somos diferentes”. Hoxe adornamos o colexio de azul e fixemos a lectura do discurso inaugural.

GALERÍA DE FOTOS

 

Distribuir contido