Resolución definitiva de centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24

Ven, 03/11/2023 - 10:44
proxecta

A Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa regula o Plan Proxecta+ e establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Finalizado o procedemento establecido na citada resolución, procédese a facer pública a relación definitiva de centros docentes seleccionados en cada programa educativo do Plan Proxecta+ durante o curso escolar 2023/24, segundo o disposto no apartado 10.3.