Sesión

blogue deluisseoane

DÍA PARA RECOLLER LIBROS DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

 

Infórmase de que

 

MÉRCORES, 4 SETEMBRO 

HORARIO DE 11:30H A 13:00H

LUGAR: COLEXIO

 

entregaranse os libros correspondentes ao fondo de axuda da xunta.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS DA XUNTA DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día,

Adxuntamos a listaxe definitiva de axuda do fondo solidario de libros de texto, tanto os admitidos como os excluídos.

Nesta lista xa podedes ver os libros que se vos conceden.

Tamén as podedes consultar no taboleiro do colexio.

 

Un saúdo.

RECOLLIDA DE CHEQUES DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

Informamos que xa podedes pasar a recoller os cheques de material do fondo da xunta.

Canto antes veñades moito mellor!!! ;)

 

Graciñas

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

Adxuntamos a esta publicación a listaxe provisional de admitidos e excluídos no reparto de libros correspondentes ao fondo  da xunta.

Tamén se pode consulta no taboleiro do noso colexio.

 

A partir desta publicación tedes dous días para posibles reclamacións.

 

ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2019/2020

BO DÍA,

 

INFORMAMOS DE QUE A LISTAXE DE ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL POR CURSO XA SE PODE CONSULTAR NO TABOLEIRO DO NOSO COLEXIO.

 

UN SAÚDO.

 

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/2020

Bo día,

 

ADXUNTAMOS A LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2019/2020 QUE TAMÉN PODEDES VER NO TABOLEIRO DO COLEXIO.

 

UN SAÚDO

 

PD: Recordade que aínda estamos pendentes do fondo de libros da Xunta e do ANPA.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE 6º DE INFANTIL

Para festexar o remate da etapa de Educación Infantil, os alumnos e alumnas participaron nun festival nas Torres de Santa Cruz cheo de bailes, cantigas e risas. Podedes ver as actuacións no seguinte vídeo. Son uns e unhas artistas!!!

Xa tedes o vídeo actualizado con todas as actuacións do Festival!!!

 

DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º rematan curso e Etapa. Para festexalo todo o colexio participou nas actividades de despedida... Foi unha xornada de emocións e bágoas, pero moi moi bonita!!!

Podedes ver a recopilación de fotografías dos festexos aquí:

DESPEDIMOS O CURSO 208/19

Hoxe foi un día cheo de festa e emocións.

Xa rematamos o curso e temos que despedirnos por todo o alto coa vista posta nun descanso moi merecido para tod@s!!!

FELIZ VERÁN FAMILIAS!!!

Visitamos ASPACE

Alumnos e alumnas de 6º de primaria tiñeron a sorte de visitar as instalacións e ao alumnado de ASPACE en Sada. Foi unha visita moi educativa onde probamos os distintos sistemas e métodos de aprendizaxe que se levan a cabo Alí. 

Ademáis dende o centro de ASPACE pídennos a colaboración para que participemos e votemos a través deste link na súa iniciativa e que podar optar ao premio. Animádevos!

VOTA AQUí!

 

Distribuir contido