Blogues

COMEZA A PONTE DE DECEMBRO!!!!! :)

BOAS FAMILIAS!

 

Como xa sabedes o 6,7,8,9 e 10...NON TEMOS CLASE. Volveremos a vernos o Luns 11 de Decembro coas pilas cargadas.

 

Esperamos que pasedes unha moi boa ponte!!

 

ALERTA LARANXA PARA O 22 DE NOVEMBRO

Bo día,

Informamos tamén por aquí que para o día 22 de Novembro quedan suspendidas as actividades no exterior debido ás condicións meteorolóxicas.

Isto tamén afecta as actividades extraescolares que se fan pola tarde no cole.

 

Un saúdo

 

III EXPOSICIÓN DO OUTONO

Ola de novo familias,

No mes de Novembro que acaba de comezar, faremos no colexio a III EXPOSICIÓN DO OUTONO, con manualidades feitas con castañas, follas, mazarocas de millo, piñas.... Podedes participar traendo o voso traballo ata o 15 de novembro co nome e curso do nen@ nun lugar ben visible.

 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

 

fd074d763eaa51796771eb84d3926faf.jpg

Día do Ensino

Segundo o calendario escolar do curso 2023/24 ( Orde do de maio de 2023), o 7 de decembro establécese como día non lectivo ao ser o Día do Ensino. polo que non haberá clase.

Recollida de comida e enseres para mascotas

" Non son un xoguete, son un ser vivo"

Baixo ese lema comezamos a nosa campaña de recollida de comida e enseres para mascotas que foron abandonadas e viven nas canceiras proposta polo equipo de Bosque de Boas Prácticas.

Podemos trer ao cole, ata o día 15 de decembro, comida ou enseres que doaremos a unha canceira.

 

Grazas a todas e todos por difundir esta campaña e colaborar.

PROGRAMA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2023/24

preview highslide max

INVITACIÓN PARA ALUMNADO DE E. PRIMARIA DE NOVA INCORPORACIÓN

O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso cole este curso por primeira vez, está invitado a coñecer as instalacións do colexio o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h.,  previamente ao inicio das clases o luns 11. 

O alumnado de 5º e 6º de EI de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefónicamente para concertara visita do cole antes do inicio das clases.

Admisión alumnado curso 2023/24

Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o curso 2022/23

As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da  sede electrónica coa Chave 365 (Lei de Protección de datos)

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora e realizala.

 

2º Mandado da Meca Luisiña

PLAN DIXITAL 22-23

Podedes consultar o Plan Dixital do CEIP Luis Seoane para o curso 22-23 no seguinte enlace:

PLAN DIXITAL

Distribuir contido