Blogues

A MECA LUISIÑA TEN NOTICIAS...

Como xa dixemos onte, hoxe chegou ao colexio...

                         A MECA LUISIÑA!!

Luisiña dinos o seguinte:

"Ola nenos e nenas! Son a meca Luisiña que cada Entroido chega ao colexio Luís Seoane!

Atendede ben aos meus mandados que temos todos que quedar ben guapos disfrazados, e... cada día un novo poñerás e o anterior non quitarás!"

 

Podedes ver o guapa que vén na seguinte foto e no ficheiro adxuntos atoparedes o "mandado" que nos trae para vir ao cole o luns día 5.

Non vos equezades de cumprilo para que a nosa convidada estea contenta!

Un saúdo                          

                     

PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2018/2019

O alumnado de 6º de primaria que queira continuar o seus estudos de secundaria no centro ao que estamos adscritos, o IES Bastiagueiro, deberá presentar a solicitude de reserva de plaza no noso centro (CEIP Luis Seoane) do 1 ao 15 de Febreiro. Será o noso centro o que remita ditas solicitudes ao centro de adscrición.

No seguinte enlace poderedes atopar un modelo de solicitude de reserva:

 https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pd

Unha vez rematado o proceso de reserva, levarase a cabo  o procedemento ordinario de admisión do alumnado para  o curso 2018/2019, entre o 1 e o 20 de Marzo. Deste proceso terán toda a información nesta páxina web. Pódese atopar tamén a información no seguinte enlaces: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 

ACLARAMOS QUE:

 

  • O alumnado que no curso 17-18 estea matriculado no noso centro e permaneza no curso 18-19 non deberá realizar reserva nin admisión. A matrícula é automática.
  • O alumnado de nova incorporación para o curso 18-19 deberá presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 Marzo.

ENTROIDO 2018

BOAS DE NOVO FAMILIAS!!

 

XA SE ACHEGA O ENTROIDO E COMO XA É HABITUAL NO COLEXIO AGARDAMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: A MECA LUISIÑA!!

TEN PREVISTA A SÚA CHEGADA PARA O VENRES DÍA 2 DE FEBREIRO ASÍ QUE ESTADE MOI ATENTOS PORQUE TRAE MOITAS COUSAS QUE DICIR.

 

                                       

VISTIA AO COLEXIO

BOAS FAMILIAS!!

 

INFORMAMOS DE QUE O XOVES, 15 DE FEBREIRO ÁS 17:30 HORAS TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS PODERÁN FACER UNHA VISITA GUIADA AO COLEXIO PARA COÑECER AS INSTALACIÓNS.

 

AGARDÁMOSVOS!!

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE: ANO 2017 (CONCELLO DE OLEIROS)

O DÍA 29 DE DECEMBRO FOI NOTIFICADO AO CENTRO O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA DO VINTE E OITO DE DECEMBRO DO 2017:

CONCÉDESE Á ENTIDADE SINALADA UNHA SUBVENCIÓN POR IMPORTE DE 6820 EUROS (seis mil oitocentos vinte euros) PARA OS SEGUINTES CONCEPTOS:

 

"MATERIAIS DIDÁCTIDOS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 6 AULAS E ACTIVIDADES CULTURAIS E DIDÁCTICAS (viaxes e saídas culturais, conmemoracións e festivais: magosto, nadal, entroido, día da paz, día do libro, letras galegas...,IMPULSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E MELLORA DA BIBLIOTECA PARA 380 ALUMNOS-AS"

 

MOITAS GRAZAS AO COCELLO DE OLEIROS

FESTA DE NADAL!!

Para comezar con ánimos este segundo trimestre, deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos na festa de Nadal do colexio onde non faltaron risas, bailes, larpeiradas con chocolatada e, por suposto, as 12 badaladas!

Todo isto grazas a colaboración de todas as familias, dos nosos nenos e nenas, dos monitores e profesorado, pero especialmente, á colaboración da ANPA.

 

UN MILLÓN DE GRAZAS A TOD@S!!!!

CONCESIÓN DE AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR!!!

Adxuntamos o documento coa concesión definitiva de axudas para comedores escolares.

Un saúdo

BO NADAL A TODO@S!!!!

MOITAS VECES ESCOITAMOS QUE NON HAI MELLOR AGASALLO QUE AS MOSTRAS DE CARIÑO E OS PEQUENOS DETALLES QUE FAN QUE NOS EMOCIONEMOS E NOS CHEGAN AO CORAZÓN.

NON ATOPAMOS MELLOR MANEIRA DE DESPEDIRNOS E DESEXARVOS A TODOS BO NADAL QUE CON ESTAS IMAXES QUE CONFIRMAN OS DITOS QUE TANTAS VECES OIMOS E QUE FOI POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE, PROFES, ANPA, OS NOSOS MAIORES (residencia de anciáns de Oleiros), FAMILIAS... ESTE É O RESULTADO DAS BOAS INTENCIÓNS E DO TRABALLO FEITO CON MOITO AGARIMO.

BO NADAL E FELIZ 2018!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O COMEDOR!!!

Bo día familias,

 

No seguinte enlace adxunto as propostas de concesión ou denegación das axudas para o comedor.

 

Un saúdo.

COMEZA A PONTE DE DECEMBRO!!!!! :)

BOAS FAMILIAS!

 

Como xa sabedes o 6,7,8,9 e 10...NON TEMOS CLASE. Volveremos a vernos o Luns 11 de Decembro coas pilas cargadas.

 

Esperamos que pasedes unha moi boa ponte!!

 

Distribuir contido