PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2018/2019

O alumnado de 6º de primaria que queira continuar o seus estudos de secundaria no centro ao que estamos adscritos, o IES Bastiagueiro, deberá presentar a solicitude de reserva de plaza no noso centro (CEIP Luis Seoane) do 1 ao 15 de Febreiro. Será o noso centro o que remita ditas solicitudes ao centro de adscrición.

No seguinte enlace poderedes atopar un modelo de solicitude de reserva:

 https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.01.pd

Unha vez rematado o proceso de reserva, levarase a cabo  o procedemento ordinario de admisión do alumnado para  o curso 2018/2019, entre o 1 e o 20 de Marzo. Deste proceso terán toda a información nesta páxina web. Pódese atopar tamén a información no seguinte enlaces: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 

ACLARAMOS QUE:

 

  • O alumnado que no curso 17-18 estea matriculado no noso centro e permaneza no curso 18-19 non deberá realizar reserva nin admisión. A matrícula é automática.
  • O alumnado de nova incorporación para o curso 18-19 deberá presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 Marzo.