Novas

RESOLUCIÓN BECAS COMEDOR

Bo día familias,

 

Adxuntamos a listaxe de solicitudes de asistencia a comedores escolares durante este curso: as admitidas, as desestimadas e as que teñen que presentar documentación.

Tamén a podedes consultar no taboleiro do colexio.

 

IMPORTANTE!!! Tedes 10 días para presentar alegacións se o considerades necesario.

 

Para ver a listaxe tedes que pinchar no arquivo adxunto.

 

Un saúdo

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Bo día familias,

 

Recordamos que o luns, 26 de novembro, terán lugar as eleccións para a renovación parcial de representates de nais e pais do consello escolar.

As candidaturas presentadas son:

-María de la Oliva Blanco Díez

-Almudenas Matos Fariñas

-Mar Fraga Pérez

 

A mesa electoral estará situada na secretaría do colexio e o horario de votación será o seguinte:

De 9:00h a 9:30h

De 13:30h a 14:00h

De 16:00h a 18:30h

 

Un saúdo

 

 

MAGOSTOMAÍN

BO DÍA,

 

RECORDAMOS QUE MAÑÁ FESTEXAREMOS O MAGOSTOMAÍN NO COLEXIO, POLO QUE AGRADECEMOS QUE CADA NENO/A TRAIA UNHA PRESIÑA DE CASTAÑAS CO CORTE XA FEITO PARA PODER ASALAS.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

UN SAÚDO

MAGOSTOMAÍN

Bo día,

 

Un ano máis celebraremos no colexio o "MAGOSTOMAÍN" e queremos animarvos a participar na exposición de cabazas e traballos con elementos do autono.

Para poder disfrutar máis tempo da exposición de cabazas, estas poderán chegar  ao centro a partir do luns 22 de outubro decoradas pero pechadas, sen baleirar, co nome e curso do autor ou autora. Os que queiran traelas baleiras terán que traelas o luns 29.

Para participar no magosto do día 31 de outubro poderán traer unha présa de castañas xa picadas ese mesmo día, así como vir disfrazados ao cole polo Samaín (disfraces relacionados coa temática).

 

ÍMOLO PASAR DE MEDOOOOO!!!

GRAZAS POLA COLABORACIÓN

CONVOCATORIA DE AXUDA PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES

Bo día,

 

Xa tedes publicadas as bases para solicitar a axuda para asistencia a comedores escolares no BOP. Tamén o podedes ver no taboleiros do colexio e no seguinte enlace.

 

Un saúdo

 

 ENLACE

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO PARA CURSO 2018/2019

BO DÍA,

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER A RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2018/2019.

 

ENLACE

REUNIÓNS DE PRIMARIA

Bo día,

 

Informamos das reunións xerais de primaria.

 

-1º CICLO (1º E 2º DE PRIMARIA) :  LUNS, 1 DE OUTUBRO ÁS 16:00 HORAS

 

-2º CICLO:

       -3º DE EP:  8 DE OUTUBRO ÁS 16:00 HORAS.

       -4º DE EP: 15 DE OUTUBRO ÁS 16:00 HORAS.

 

-3º CICLO:

       -5º DE EP: LUNS, 1 DE OUTUBRO ÁS 16:00 H.

 

       -6º DE EP:  LUNS, 24 DE SETEMBRO ÁS 16:00 H.

 

UN SAÚDO

REUNIÓNS DE INFANTIL

Bo día,

 

A continuación podedes ver o día e a hora das reunións de infantil:

 

- 4º Educación Infantil:  LUNS, 29 DE OUTUBRO ás 16:00h.

 

- 5º Educación Infantil:  LUNS, 24 DE SETEMBRO ás 16:00h.

 

- 6º Educación Infantil:  LUNS, 1 DE OUTUBRO ás 16:00h.

 

UN SAÚDO

REPARTO DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

O reparto de libros do fondo da xunta farase o luns, 17 de setembro ás 16:00h  nas correspondentes titorías.

Aqueles que precisedes libros do fondo da ANPA podedes pasar polo colexio o martes, 11 de setembro de 10:00 ás 14:00h e o mércores, 12 de setembro de 9:00 ás 14:00h.

Un saúdo

    

COMEZAMOS CURSO!!!!

 

As máquinas empezan a funcionar e estamos a preparar todo para este curso que vai estar cheo de cousas boas. Empezamos con ilusión e ganas... dentro duns días xa volvemos vernos!!

Lembrade que as clases empezan o mércores 12 de Setembro!!

 

Distribuir contido