Blogues

AVISO DE ROUPA OLVIDADA

Bo día,

 

Informamos de que a roupa esquecida permanecerá no colexio ata o 12 de Xullo para que pasedes a buscala. Despois de dito día, as prendas que sigan na escola serán doadas.

 

Un saúdo

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS

Bo día,

 

Informamos que xa podedes pasar a recoller pola secretaría do colexio os vales de axuda para a adquisición de material e libros para o curso 2018/2019.

A listaxe de libros do fondo da xunta aínda non está xerada.

 

Un saúdo

LIBROS PARA O CURSO 2018/2019

Bo día,

 

Presentamos os libros para o curso 2018/2019.

Recórdovos que aquelas familias que solicitaron fondo de libros e axuda de material deben espera a resolución da mesma. Tes que facer clic no seguinte enlace:

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

 

Un saúdo e BO VERÁN!!

MOITO APRENDIMOS ESTE CURSO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Podedes ver un pequeno resumo en imaxes de moitas das actividades que fixemos na Etapa de Educación Infantil. (Tedes que facer un clic na foto).

Foi un curso cheo de risas, excursións e sobre todo de mooooito traballo e descubrimentos!!!

BO VERÁN FAMILIA!!!!

OLA - ADEUS

 

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, fixeron un pequeno acto simbólico de benvida e de despedida onde intercambiaron agasallos e moitas apretas. Foi unha xornada moi bonita e emocionante.

Podedes ver unha pequena selección de fotos a través do seguinte enlace: OLA - ADEUS

 

 

VíDEO PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS!

O final chega e queriamos rematar este looooongo curso académico cun sonriso.

Fixemos un vídeo de despedida onde participaron unha pequena representación de alumnos e alumnas de todas as clases...

Simplemente desexarvos unhas moi felices vacacións e que a forza vos acompañe!!!! (Podedes ver o vídeo facendo clic na imaxe).

Vémonos en Setembro!!!!

 

Ademáis que saibades que xa temos canal de tv educativa e podedes suscribirvos para que non vos perdades ningunha das actividades do centro!!!! Estamos en CEIP LUIS SEOANE PRODUCIÓNS (en Youtube).

 

ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Hoxe fixemos diferentes actividades, onde participou todo o colexio, para despedir aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

Foi unha xornada moi completa:

- Fixeron a entrega dos petos o alumnado participante no proxecto de Boas Prácticas do centro.

- Houbo unha entrega de diplomas e premios, por parte do Concello, para os alumnos e alumnas que participaron no concurso de Música para a Igualdade.

- Todo 6º fixo unha pequena lectura de despedida e unha coreografía final.

Unha xornada moi emocionante e bonita!!!

A podedes ver a través do seguinte enlace: VIDEO DESPEDIDA DE 6º DE PRIMARIA.

 

Moita sorte para o vindeiro curso!!!!

VACANTES A 12 DE XUÑO TRAS A ADXUDICACIÓN NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN EDUCACIÓN INTANTIL E PRIMARIA/ESO E BAC

Presentamos a táboa coas vacantes para o curso 2018/2019.

 

OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º VISITAN O SEU PRÓXIMO INSTITUTO

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria visitaron o Instituto María Casares, en Bastiagueiro, que será a súa próxima parada o ano próximo...

Xa queda moi pouquiño deste curso e alí foron recibidos por antigos compañeiros e compañeiras do colexio e viviron moi bos momentos... Poideron visitar as instalacións e as aulas onde estudiarán o vindeiro curso.

Toda unha experiencia!

 

PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018/19

O día 6/6/18 publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, o extracto da convocatoria de bases específicas do procedemento para a solicitude das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019.

As bases completas podedes atopalas en:

-Base de subvención do ministerio

-Web do COncello de Oleiros.

¿QUE SON AS PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN?

Son unha das medidas pola inclusión social, posta en marcha pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade do COncello de Oleiros, co fin de axudar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que provoca o incio do curso escolar.

Os importes destas axudas serán:

-2º cilco de educación infantil: 70€

-Educación Primaria: 80€

-ESO ou ciclo formativo equivalente: 90€

-Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110€

Ás prestacións concederanse  polo sistema de concorrencia competitiva, ata esgotar orzamento. As familias coa renda per cápita máis baixa serán as beneficiarias das ditas axudas.

PRAZOS

Vinte días naturais que empezarán a contar dende o día seguinte á data da publicación da convocatoria no BOP. O PRAZO REMATARÁ O 26 DE XUÑO (inclusive).

A publicación da listaxe provisional expoñeranse ao público con todas as solicitudes presentadas e os requirimentos que se fan de documentación naquelas que estean  incompletas. Comunicarase ás persoas solicitantes por SMS.

¿ONDE SE PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES?

No Rexistro Xeral do Concello de Oleiros en hoario de 8:30 a 14:00 horas.

¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nas dependencias da CIncellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

AS PERSOAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS DEBERÁN PRESENTAR DESPOIS DA ADXUDICACIÓN , FACTURAS QUE XUSTIFIQUEN O GASTO REALIZADO (non valen tickets, nin calquera outro documento no que non se identifique a persoa que realiza o gasto), de non ser así, estarán na obriga de REINTEGRAR O IMPORTE DA AXUDA.

Distribuir contido