Blogues

COMEDOR ESCOLAR

     O noso colexio conta con servizo de comedor escolar para todos os días de 14.00 a 16:00 da semana xestionado pola ANPA e que leva a cabo a empresa externa JARDANAY e sempre están acompañados polos monitores e monitoras que atenden as súas necesidades en todo momento.

     

 

 

Ofrécese a opción de dietas especiais (alerxias, intolerancias...)sempre xustificado cun informe médico. 

     Podedes atopar as condicións, prezos e condicións no Blogue da ANPA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O noso centro conta, grazas aos servizos da ANPA, dun amplo catálogo de actividades extraescolares ofertadas de luns a xoves desde as 16:00 ata as 18:00h.

As actividades están adaptadas aos intereses dos nosos alumnos e alumnas e sempre contan con monitores/as especializados/as para impartilas. O catálogo de oferta separa as actividades en Ed. Infantil e Ed. Primaria.

Podedes ver unha pequena explicación e horarios das actividadesno BLOG DA ANPA

 

SERVIZO DE MADRUGADORES

       SABEMOS QUE NA ACTUALIDADE É COMPLICADO A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E O HORARIO ESCOLAR. POR ISO DESDE A ANPA DO NOSO CENTRO EXISTE A POSIBILIDADE DE SOLICITAR O SERVIZO DE MADRUGADORES/AS. OS NENOS E NENAS ALMORZAN NO COLE ANTES DAS CLASES E ESTÁN SEMPRE ACOMPAÑADOS/AS POR PERSOAL QUE ESTÁ PENDENTE DAS SÚAS NECESIDADES.

       O HORARIO DE MADRUGADORES/AS É DE 7:30 ATA AS 9:00 QUE XA EMPEZAN AS CLASES NO CENTRO. BLOG DA ANPA

 

TRANSPORTE ESCOLAR

O NOSO CENTRO CONTA CON TRANSPORTE ESCOLAR GRATUÍTO( solicitude e autorización recollida)

TODOS OS AUTOBUSES CONTAN CON MONITORES/AS DA EMPRESA DE TRANSPORTES QUE AXUDAN AO COIDADO DOS ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO.

POR NORMA XERAL, A CADA USUARIO/A SE LLE ASIGNARÁ UNHA ÚNICA PARADA E BUS PARA TODO O CURSO.

ACTUALMENTE HAI SEIS LIÑAS DE AUTOBUSES COAS SEGUINTES PARADAS POR TODO O CONCELLO DE OLEIROS:

FAMILIAS DE 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

ESTIMADAS FAMILIAS DE 2º,

ACABAMOS DE ATOPAR UN ERRO NO ISBN DO LIBRO DE CIENCIAS SOCIAIS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O ISBN CORRECTO É O SEGUINTE:

CIENCIAS SOCIAIS 2. EDITORIAL VINCES VIVES. PROYECTO ZOOM.

ISBN:     978 -84 -682 -5600- 9

ROUTEIRO ATA O INSTITUTO MARÍA CASARES

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria participaron nun routeiro dende o noso colexio ata o instituto María Casares, centro no que estudarán o vindeiro curso na súa entrada en Educación Secundaria. Tiveron unhas xornadas de información e acollida no Instituto e así preparar a súa chegada ao novo centro. 

Toda a sorte do mundo para a vosa nova etapa!

 

PREMIO LITERARIO "COÑECENDO OLEIROS"

Bo día, familias,

 

Temos o pracer de anunciar que no concurso literario "Coñecendo Oleiros" resultaron gañadores dous alumnos do noso colexio:

 

Samuel Ríos de 6º de EP

Inés García de 4º de EP

 

A entrega de premios será o domingo, 24 de febreiro, nas Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas á que estades todos convidados. No acto farase unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro.

 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!!

Moitas grazas ao Concello de Oleiros.

PREMIO LITERARIO "COÑECENDO OLEIROS"

Bo día, familias,

 

Temos o pracer de anunciar que no concurso literario "COÑECENDO OLEIROS" resultaron gañadores dous alumnos do noso colexio:

 

Samuel Ríos Mosquera de 6º de EP

Inés Santiago García de 4º de EP

 

A entrega dos premios será o domingo, 24 de febreiro, nas Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas á que estades todos convidados. No acto farase unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro.

 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!!

Moitas grazas ao Concello de Oleiros

PREMIO LITERARIO "COÑECENDO OLEIROS"

Bo día, familias,

 

Temos o gusto de anunciar que no concurso literario "Coñecendo Oleiros" foron premiados dous alumnos do noso centro:

 

Samuel Ríos Mosquera de 6º EP 

Inés Santiago García de 4º de EP

 

A entrega dos premios será o domingo, 24 de febreiro, nas Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas á que estades todos convidados e onde se fará unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro.

 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

 

Moitas grazas o Concello do Oleiros.

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe, 18 de febreiro é o Día Internacional do Síndrome de ASPERGER.
Como  sabedes, no noso centro adicamos todos os anos unha semana arredor do 2 de abril (Día do AUTISMO) para traballar cos nen@s  a concienciación sobre a diversidade, pero dende orientación non queriamos que o día pasara desapercibido así que publicamos un arquivo sobre as carcterísticas deste síndrome a algúns enlaces interesantes relacionados co tema.

 

asperger2.jpg
Distribuir contido