O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

CONCERTO DE MATEO

O noso alumno Mateo participa nun programa de ensinanza de música no Conservatorio Profesional da Coruña para alumnos e alumnas con necesidades especiais de aprendizaxe.

A finais de febreiro participou nun concerto no CEFORE, interpretando o Segundo movemento da "Sinfonía Del Nuevo Mundo” de Dvorak, tocando a trompa.

Podedes ver nestes enlaces o bien que o fixo.

Noraboa, Mateo!

 

PRIMEIRO PASE DO CONCERTO

SEGUNDO PASE DO CONCERTO