FOLGA DO 8 DE MARZO DO 2018

Estimadas familias,

 

Con motivo da folga convocada para o día 8 de marzo do 2018 (Día Internacional da Muller), este Centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado.

Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 26/2018 do 1 de Marzo polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais para ese día (DOG  07/03/2018).

Agradecemos, coma sempre, a vosa inestimable colaboración.

Atte. Equipo Directivo