XORNADAS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA DE AUTOPROTECCIÓN

Onte, o profesorado, participou nas Xornadas de Formación para a posta en práctica do programa de autoprotección do centro. 

O Equipo de Emerxencias do Concello de Oleiros formounos na prevención, actuación e os procesos de evacuación que levaremos a cabo ante as diferentes situacións de emerxencias que podemos vivir no noso Centro e que xa están recollidos no noso Plan de Autoprotección. 

Proximamente, realizaremos no noso Centro, un simulacro de evacuación.